DUVI

Diario da 鶹

O uso do idioma nas redes sociais centrou unha xornada na Facultade de Comunicacin

O galego pode ser unha “vantaxe diferencial” na creacin de contidos na rede

No encontro participaron 'streamers' e responsables de diferentes espazos

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Cultura
  • Lingua Galega
  • TIC
  • é
DUVI Pontevedra 07/11/2023

Á hora de crear e difundir contidos a través das redes sociais, o uso do galego pode ser unha ferramenta coa que chegar a múltiples públicos. Esta foi unha das ideas que este martes puxeron de relevo as e os participantes en Comunica en galego, unha xornada promovida pola Facultade de Comunicacin, co patrocinio da Vicerreitora do campus de Pontevedra, que tia como obxectivo “dar visibilidade aos creadores e creadoras de contido en galego en distintas redes”, como salientou o seu coordinador, o profesor Xosé Baamonde. O encontro contou coas intervencins de Borxa Gonzlez, da comunidade Orgullo Galego; Uxo Broulln, de PodGalego, da tiktoker Leti Da Taberna e do creador da canle A Lobeira Today, Fran Bermúdez. A través dun achegamento s súas diferentes iniciativas, esta xornada aberta ao público tia como como obxectivo amosar ao alumnado que, no eido da comunicacin, “que fagamos uso do noso idioma é unha vantaxe diferencial”, como salientou a secretaria académica da facultade, Silvia Garca Mirn, no acto de apertura.

Un idioma co que “chegar a moitsima xente”

Con mis de 400.000 seguidores de preto de 80 pases nas diferentes redes sociais, a experiencia de Orgullo Galego centrou o primeiro dos relatorios da xornada. Un dos seus impulsores, Borxa Gonzlez, relatou a traxectoria dunha iniciativa que naceu como unha pxina de Facebook e que se converteu “nunha comunidade que chega a milleiros de persoas, facendo contidos exclusivamente en galego”, o que mostra, sinalou, que o idioma “non é un atranco”, senn “unha ferramenta que pode axudar a chegar a moitsima xente” e coa crear todo tipo de contidos. A importancia que ten nese senso xerar contidos de diferentes temticas e tipoloxas de cara a mostrar que o galego é un idioma “tan vlido como calquera outro” foi unha das cuestins salientadas a continuacin por Uxo Broulln, un dos fundadores de PodGalego, un espazo nacido hai mis de 15 anos co obxectivo de reunir nun mesmo portal todos os podcast en galego, que aglutina a da de hoxe mis de 130 espazos, “de todas as temticas que te poidas imaxinar”. 

“O galego na rede pode ter a mesma utilidade que calquera outra lingua en todos os contextos”, engadiu Leticia Mirs, a impulsora da canle de TikTok Leti Da Taberna, con mis de 20.000 seguidores. Nesta canle, creada durante o confinamento, presenta unha serie de pezas marcadas por un “humor moi particular” e polo uso da retranca, o que levouna incidir en que “fra do galego, o meu contido non tera sentido”. Nese senso, subliou tamén que o uso dun idioma “non lle vai dar valor por si s” aos contidos, mais tamén recalcou que “hai cousas que podemos transmitir mellor na nosa lingua. 

Finalmente, o encontro pechouse coa intervencin de Fran Bermúdez, impulsor da canle A Lobeira Today, que centrou a súa intervencin en presentar a asociacin cultural Obradoiro Dixital Galego. “É un aglutinador das tres grandes comunidades galegas de creacin de contido, PodGalego, Twitch en galego e Youtube en galego”, explicou dunha iniciativa que busca fortalecer o “tecido” de creadores e creadoras de contidos. As mesmo ,esta asociacin conta cun espazo web onde o alumnado pode coecer que tipos de contidos en galego existen na rede, pero tamén “comprobar o que non hai”, lembroulles, de cara a impulsar novas iniciativas.