DUVI

Diario da 鶹

Nunha xornada celebrada esta semana sobre vulnerabilidade de xénero

Filoloxa e Traducin debate sobre a resiliencia e resistencia na obra das escritoras contemporneas

Tags
  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Charlas e seminarios
  • Congresos e xornadas
  • é
DUVI 05/10/2023

A Facultade de Filoloxa e Traducin acolleu esta semana as xornadas de sensibilizacin Gender Vulnerability: Resilience and Resistance in the Work of Contemporary Women Writers impulsadas pola Unidade de Igualdade e organizadas en colaboracin co Programa de Doutoramento Idaes-鶹. Esta actividade, asociada investigacin de Irish Studies at 鶹 e coordinada pola investigadora Teresa Caneda, investigadora principal do proxecto Intruths 2, comprendeu dous das de debates coa presenza de expertas das universidades de Granada, Huelva e Santiago de Compostela.

O primeiro da das xornadas centrouse no panorama e tradicin literaria irlandesa. Pilar Villar Argiz, profesora de Universidade de Granada, ocupouse na súa exposicin de contextualizar e analizar a obra das poetas Eavan Boland e Paula Meehan, que utilizaron a súa poesa para responder e loitar contra os mitos da identidade nacional irlandesa e o anterior canon literario case exclusivamente masculino, explorando temas polémicos como a sexualidade, a masturbacin ou a anorexia.

Nesta primeira xornada tamén interveu Auxiliadora Pérez Vides, profesora da Universidade de Huelva, que abordou o tema das Magdalene Laundries, institucins que durante décadas funcionaron como a “arquitectura de contencin da nacin”, onde se ocultaron e explotaron as coecidas como 'fallen women' que, por quedar embarazadas fra do matrimonio, supoan unha deshonra para as súas familias. Pérez analizou como esta realidade, que se mantivo oculta do relato oficial da sociedade irlandesa ata que escndalos recentes a destaparan, da pé a outras cuestins relacionadas coa empata e a vulnerabilidade. A profesora Pérez Vides investigou como estas ideas son abordadas na novela curta de Claire Keegan Small Things Like These (2020), na que reflexiona sobre como os afectos, a vulnerabilidade e a responsabilidade moral atravesan os personaxes e as súas decisins.

De Irlanda a Reino Unido

A segunda xornada deste seminario deixou atrs a contorna irlandesa para mirar cara o contexto britnico actual da man de Laura Lojo Rodrguez, catedrtica da Universidade de Santiago de Compostela. Na súa intervencin teorizou sobre as fronteiras e conceptos asociados a elas, como a identidade nacional e os fenmenos polticos recentes que exacerban o sentimento nacionalista en Europa e no Reino Unido. Lojo centrouse en narrativas que “desestabilizan e problematizan” estas nocins, concretamente relatos e antoloxas recentes escritas por refuxiados e solicitantes de asilo. As, na súa exposicin e no debate posterior xurdiron cuestins xa presentes no da anterior, como a empata e a responsabilidade moral dos cidadns, a construcin da identidade nacional e a ocultacin de realidades incmodas lonxe do discurso público, xa sexa en Magdalene Laundries ou en campos de internamento de estranxeiros.