DUVI

Diario da 鶹

Coa participacin de Tamara Andrés, Lara Dopazo, Jorge Rodrguez Durn e Valentina Marta Rodrguez

Filoloxa e Traducin adianta a celebracin do Da do Libro pondo en valor s novas autoras e autores en galego

Ma preséntase o libro ‘Beyond Sentidio’ no que se aborda a lingua e cultura galega desde diversas

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Cultura
  • Lingua Galega
  • Cultura
D. Besado DUVI 22/04/2025

Na semana na que se celebra o Da do Libro as actividades culturais rebolen en cada recuncho da Facultade de Filoloxa e Traducin. Na véspera desta data, o 23 de abril, o centro acolleu toda unha serie de actividades que trouxeron ata o campus a algún dos novos valores que agroman nas letras galegas:  Tamara Andrés, Lara Dopazo, Jorge Rodrguez Durn e Valentina Marta Rodrguez.

“A Facultade de Filoloxa e Traducin como referente no campo das Humanidades non poda permanecer allea a esta celebracin. Por iso, profesorado de diferentes departamentos da facultade unmonos para preparar esta xornada”, explica a docente Mara Méndez, coordinadora do evento xunto con Valentina Marta Rodrguez e Alberto Álvarez Lugrs. A intencin, tal e como explican, era tripla: formar o alumnado da Facultade e da Universidade en temas relacionados coa escrita literaria e a súa traducin; fomentar a súa creatividade e técnicas para apoiar a quen queira dedicarse a escrita literaria e, por último, acercar Universidade e sociedade autoras e autores de Galicia que teen publicado recentemente obras en galego.   

Conversa directa cos novos valores da literatura galega

A celebracin estendeuse ao longo de toda a ma. A primeira conferencia correu a cargo da escritora e tradutora Tamara Andrés, egresada da facultade -graduada en Traducin e Interpretacin- e membro do grupo de investigacin Bitraga (BiFeGa) da 鶹, quen centrou a súa intervencin nas principais dificultades que afrontan as persoas que se dedican traducin literaria.

A continuacin, levouse a cabo un obradoiro de escrita creativa da man de Lara Dopazo, quen tras publicar en Galicia distintas obras e ganar múltiples premios literarios (Certame de Poesa Francisco An, Premio Literario Nortear, Premio de poesa Fiz Vergara Vilario…) viaxou a Estados Unidos para estudar al o prestixioso mster de escritura creativa da Universidade de Iowa, converténdose as, “case seguro”, na primeira autora en lingua galega en cursalo. Con ela as e os participantes puideron aprender, reflexionar e practicar acerca de todo o proceso que supn a escrita literaria.

O acto completouse cunha mesa redonda na que se uniron a Tamara Andrés e Lara Dopazo, o escritor Jorge Rodrguez Durn e a docente e tamén poeta Valentina Marta Rodrguez. Xuntos debateron sobre o proceso de escrita, os procesos de inspiracin, a eleccin dos temas, etc.

Novas actividades ma mércores da man da Ctedra Saramago

Tras esta intensa xornada, as actividades continuarn ma mércores da man da Ctedra Internacional José Saramago. Pola ma, s 12.00 horas, presentarase na sala de xuntas da facultade o libro Beyond Sentidio. New Diasporic Reflections on Galician Culture (Routledge, 2023), no que se aborda a literatura, as linguas e a cultura galega desde diversas perspectivas das humanidades e as ciencias sociais. Na sesin, que tamén se pode seguir en lia a través de  (acceso estudantado: UAdqrn7W), participarn os editores Daniel Amarelo e Laura Lesta Garca (esta última de forma virtual), quen guiarn o público a través dos 14 traballos que conforman a obra. 

Ser un primeiro petisco do seminario que arranca no centro esa mesma tarde e que se prolongar ata o venres 25. Baixo o ttulo Falar coas rochas. Introducin vitalidade da materia nas poéticas galegas contemporneas, o encontro busca examinar e comentar algunhas das obras publicadas nos últimos anos no panorama poético galego à luz da perspetiva do chamado "novo xiro materialista" (nova viragem materialista).

Conducido por Rodrigo Herrera Alfaya, investigador da CJS-鶹 e contratado predoutoral da Xunta de Galicia no Departamento de Filoloxa Galega, o seminario poder seguirse tamén en lia cos mesmos datos de acceso que a presentacin do libro.