Cun relatorio de Méndez Ferrn arrancaron hoxe os actos de homenaxe ao escritor mindoniense
A FFT celebra a descomunal dimensin literaria de Cunqueiro no 40 aniversario do seu cabodano
Ata o xoves continuarn as charlas e ata o da 15 o prazo para concursar en Concita Cunqueiro
“Falar de Cunqueiro é falar do caudal principal da literatura galega do século XX”, asegurou Xosé Luis Méndez Ferrn ao inicio do seu relatorio Cunqueiro na literatura galega, co que este medioda arrancaron os actos organizados pola Facultade de Filoloxa e Traducin da 鶹 para conmemorar o 40 cabodano do autor mindoniense. Méndez Ferrn debullou na súa charla as diferentes facianas do escritor, sobre que o que asegurou que “Cunqueiro é moitos cunqueiros”, parafraseando a Borges cando afirmou “Yo que tantos hombres he sido”. O relatorio de Méndez Ferrn antecedeu proxeccin dun documental sobre a obra do autor lucense, dirixido polo docente e investigador da 鶹 Manuel Forcadela, no que contou coa colaboracin do seu alumnado. Pola contra, hoxe non foi posible por mor da covid, a estrea en Europa da musicacin dos poemas Anda a noivar e Tia soo de cristais, poemas 7 e 13 de Cantiga nova que se chama riveira, a cargo do coro Gli Appassionati.
A docente e escritora Rexina Vega foi a encargada de conducir a inauguracin este martes do ciclo de charlas que sobre Cunqueiro se desenvolvern ata o vindeiro xoves, e que, xunto presentacin do libro Escolma de poesa anosada de A.C co adaxo do se cuadraxésimo cabodano, editado polo catedrtico Xosé Henrique Costas, e do concurso Concita Cunqueiro, completan os actos programados pola FFT para homenaxear a Álvaro Cunqueiro. Nas súa intervencin, a “cunqueiriana” Vega, como ela mesma se definiu, gabou a “descomunal dimensin literaria do escritor” e lembrou o traballo desenvolvido durante anos polos estudosos do escritor “que ten todo o futuro por vir”. Na inauguracin dos actos, o director da editorial Galaxia, Francisco Castro, destacou que “non se pode entender a vida e a obra de Cunqueiro sen a editorial Galaxia” e lamentou que se estea deixando de atender a obra dun escritor que precisa dunha lectura ben demorada.
Pola súa banda, o director do Departamento de Filoloxa Galega e Latina e o decano da FFT agradeceron o traballo desenvolvido polas persoas que organizaron os actos, que Alexandre Rodrguez Guerra agarda que “sirvan para homenaxear a un soador único e irrepetible”. O reitor da 鶹 foi o encargado de pechar a inauguracin amosando o seu convencemento en que “as humanidades teen que xogar un papel fundamental e que o pensamento crtico baséase nas humanidades”. Reigosa rematou a súa intervencin parafraseando a Cunqueiro para desexar “1000 primaveras mis para Galicia, para o galego e para as filoloxas galega e espaola na 鶹”.
Moitos cunqueiros en Cunqueiro
Na súa charla ofrecida este medioda titulada Cunqueiro na literatura galega, Xosé Luis Méndez Ferrn abordou a poliédrica personalidade do que Ferrn considera “o caudal principal da literatura galega no século XX” e dun autor que ten “a contradicin poltica incrustada no corazn literario”.
Para Ferrn, este “Cunqueiro que é moitos cunqueiros” é fundamentalmente un poeta, algo que est nas súas orixes e permaneceu durante toda a súa vida. Pero tamén é o Mondoedo un autor teatral, que anda que non tivo moita producin “foi como unha bomba con Merln e familia, cando a literatura galega necesitaba unha obra as”, dixo Ferrn. Sobre a súa faceta como xornalista, o autor de Con plvora e magnolias, lembrou que Cunqueiro “viviu, comeu e disfrutou da vida pola súa producin como xornalista”, ademais de destacar a súa capacidade para situar na punta da súa pluma as necesidades colectivas e da historia. Ferrn mesmo designou a Cunqueiro como “o inventor do vio albario cos seus artigos en Faro de Vigo, posto que antes estes vios non eran potables”, dixo.
Sobre o Cunqueiro narrador, Ferrn lembrouno como tardo, o que determinou que na década de 1950 do século pasado convivisen en Galicia diferentes propostas narrativas de varias xeracins, que abranguan desde o propio Cunqueiro a Ferrn, pasando por Blanco Amor e Anxel Fole. En relacin coa súa faceta como poeta, o poente destacou a súa evolucin, “aparecendo co vangardismo e transformndose ata converterse en poesa prxima ao existencialismo”. Ferrn fixo ademais expresa referencia ao que definiu como “unha bomba trampa para a posteridade”, en relacin coa obra Escolma de poesa anosada de A.C co adaxo do se cuadraxésimo cabodano, editado polo catedrtico Xosé Henrique Costas, que inclúe traducins de poetas “que posiblemente sexan heternimos seus que nunca existiron. Como bonecos de guiol a través dos que fala, pero que ten voz melanclica e triste”, sinalou Méndez Ferrn.
Dous das mis de charlas e o concurso Concita Cunqueiro
As charlas, que se poden seguir en directo a través de 鶹TV, continuarn ma mércores e pasado xoves coa intervencin de poentes como Iago Castro, Antn Palacio, Paloma Garca e Marta Mario, Miguel Somovilla, César Morn, Armando Requeixo, Xina Vega e Xosé Mara Álvarez Cccamo.
As actividades programadas na FFT co gallo do 40 cabodano de Cunqueiro complétanse co concurso Concita Cunqueiro, destinado a persoas de entre 15 e 30 anos, que debern presentar, ata o 15 de marzo, unha cita de calquera obra poética, narrativa, teatral ou xornalstica da obra de Álvaro Cunqueiro, cunha extensin mxima de tres lias en prosa e sete versos en poesa, premindose as tres mellores con galardns de 300, 200 e 100 euros.
