DUVI

Diario da 鶹

Nelas falouse de coidados, diversidade e ruralidade

O feminismo inteseccional na intervencin social centra unhas xornadas na Facultade de Educacin e Traballo Social

Expuxeron a súa experiencia dúas cooperativas sociais

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Congresos e xornadas
  • Igualdade
  • é
DUVI Ourense 04/05/2023

A Facultade de Educacin e Traballo Social do campus de Ourense acolleu este mércores a celebracin da xornada Feminismos inteseccionais: coidados, diversidade e ruralidade. Coordinada pola profesora de Socioloxa Iria Vzquez e financiada pola Unidade de Igualdade da 鶹, a actividade contou coas conferencias Mulleres, coidados e diversidade, de Ana Martnez, traballadora social na cooperativa A Morada, e Unha ollada rural aos feminismos, de Araceli Macas Garca, educadora social en Outona.

A visin desde a experiencia

“A interseccionalidade foi aplicada nas ciencias sociais pola avogada afroamericana Kimberlé Crenshaw en 1989; a través deste concepto pdese avaliar as interaccins e interseccins dos distintos sistemas de opresin, destacando as consecuencias destes nos dereitos das mulleres”, comentou Iria Vzquez. Neste contexto, engadiu, “o obxectivo destas xornadas foi presentar o traballo que  realizan dúas cooperativas sociais, reivindicando o enfoque interseccional na intervencin social”.

Deste xeito, a coordinadora da actividade sinalo que a traballadora social Ana Martnez Gonzlez, da cooperativa A Morada de Vigo, expuxo “a necesidade de pensar os coidados desde a xustiza e o seu reparto equitativo, lonxe de sacrificios e abnegacins que anda hoxe permean esta realidade na nosa sociedade”. Tamén abordou diversos proxectos en marcha na Morada, como os grupos de mulleres con diversidade funcional. Na súa intervencin falouse de como a interseccionalidade entre xénero e diversidade funcional devén en violencias especficas con diversos factores determinantes como: a falta de intimidade, de educacin sexual, de credibilidade, de illamento, etc.

Por outra banda, Araceli Macas Garca, educadora social que forma parte da cooperativa Outona no interior das provincias de Lugo e Ourense, falou da “necesidade de rachar cos mitos e estereotipos que rodean as mulleres do eido rural, denunciando a discriminacin simblica que sofren as persoas, e particularmente, as mulleres, no medio rural”, segundo explicou Iria Vzquez. A relatora falou, en plural, da “necesidade de vincularnos cos feminismos comunitarios, que poan o territorio como eixe vertebrador das súas reivindicacins”. A súa entidade posúe unha lia de traballo sobre igualdade que busca "contribur ao cambio de ollada cara unha ética dos coidados e o bo trato" e entre outras actividades realizan proxectos de coeducacin, iniciativas participativas para mulleres maiores das zonas rurais ou implementacin de proxectos para a prevencin das violencias machistas.