Polo espazo escénico da súa obra ‘As cidades agochadas’
A Federacin Espaola de Teatro Universitario premia a aula de teatro do campus
Ademais foi finalista nas categora de mellor direccin, iluminacin e cartaz
A Federacin Espaola de Teatro Universitario acada de conceder os seus premios anuais e entre as obras galardoadas est As cidades agochadas, da aula de teatro do campus de Ourense Maricastaa. Concretamente, a peza acadou o premio ao mellor espazo escénico e foi finalista nas categoras de mellor direccin, iluminacin e cartaz (neste último caso en referencia Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense Miteu).
O galardn recaeu en Fernando Dacosta, responsable do espazo escénico da obra e o seu director, ademais de responsable das aulas teatrais do campus de Ourense. Moi satisfeito e agradecido de ter acadado este recoecemento, Dacosta salienta que se suma aos xa conseguidos pola peza no FITUT, o Festival Internacional de Teatro Universitario de Tnxer (Marrocos), onde As cidades agochadas foi recoecida pola defensa dos dereitos humanos e como mellor obra experimental.
Con dramaturxia do propio Fernando Dacosta, As cidades agochadas est inspirada en As cidades invisibles, obra de Italo Calvino, e preséntase como “unha historia que nos fala das cidades desde a lembranza, o desexo, a morte, o poder e o misterio. O emperador domina pero non coece. A viaxeira coece pero non quere dominar. Ambos os dous soan cidades, relatan cidades, escoitan e vomitan cidades mentres se van coecendo mutuamente na viaxe definitiva”. No marco desta historia, Dacosta explica que no espazo escénico da obra quixeron abordar “múltiples cidades imaxinarias, agochadas: a cidade e a morte, a cidade e o poder, a cidade e o desexo, etc. e todo iso acabmolo facendo con tres escaleiras, con elementos como cordas e cubos e cos espazos escénicos do emperador, que representaba o poder, e da viaxeira, que representa as ansias e a necesidade de coecemento, e a súa confrontacin”.
Un bo peche
Con este galardn péchase o percorrido de As cidades agochadas, froito do traballo da aula de teatro do campus de Ourense Maricastaa o pasado curso académico e que xirou ao longo de 2023 por diferente festivais teatrais estatais e de pases da contorna, como Marrocos e Portugal. A aula xa est a piques de estrear a súa nova proposta para 2024, proposta que, agardan, colleite tan bos resultados como a agora galardoada.
