A programacin de 'Culturkata 2023' desenvolverase entre o mércores 19 e o xoves 27 de abril
A Facultade de Comunicacin promove un conxunto de actividades centradas na creatividade publicitaria e audiovisual
Coa participacin de profesionais de referencia e egresados do centro
Complementar a formacin do seu alumnado a través dunha serie de conferencias e actividades formativas que acheguen ao centro tanto referentes dos sectores da publicidade e do audiovisual como a profesionais formados nas súas aulas. Esta idea é a base da Semana da Creatividade Culturkata 2023, un programa de actividades que a Facultade de Comunicacin desenvolver entre o 19 e o 27 de abril, coincidindo coa conmemoracin tanto do Da Internacional da Creatividade e da Innovacin, o da 21, como coa celebracin da patroa do centro, Santa Catarina de Siena, o 28. Organizadas coa colaboracin da Vicerreitora do campus, a Unidade de Igualdade da 鶹 e a Asociacin para o Emprendemento e a Innovacin Pont-Up Store, entre as actividades que engloba esta programacin figuran iniciativas como un coloquio co creativo Toni Segarra, que a revista Forbes situou entre as 25 persoas mis influentes de Espaa, unha xornada sobre a publicidade como ferramenta impulsora da igualdade ou un taller sobre verificacin de informacin.
Abertas ao público, trtase dun conxunto de actividades dirixidas a “dinamizar a facultade”, como explica o seu vicedecano de Comunicacin, Paulino Pérez, nas que se establecen “sinerxas coa Vicerreitora do campus” e a programacin da Semana da Creatividade e da Innovacin, da que forman parte varias das propostas inseridas en Culturkata 2023. Organizadas tamén co apoio asociacin de estudantes Freshy e co alumnado responsable das celebracins de Santa Kata, trtase dun conxunto de propostas que comparten ese mesmo eixe temtico, anda que centrndose neste caso, explica Pérez, “na creatividade no mbito da publicidade e a comunicacin audiovisual”.
Unha exposicin e un dos principais creativos de Espaa
A programacin de Culturkata 2023 e da Semana da Creatividade e da Innovacin arrancar conxuntamente o mércores 19 de abril, cun acto de presentacin que se ver sucedido pola inauguracin da exposicin Do soo realidade, 1500 ideas, 26 propostas de novos produtos. Coordinada polos profesores Pedro Figueroa e Ana Dopico, trtase dunha mostra que reúne os traballos desenvolvidos por alumnado de Publicidade e RRPP e de Comunicacin Audiovisual nun seminario de innovacin no que deben abordar as diferentes fases de deseo dun novo produto. Tras esta, s 13.00 horas ter lugar unha conferencia sobre innovacin tecnolxica a cargo da egresada da facultade Noelia Vzquez, responsable de innovacin aplicada da consultora tecnolxica Capgemini.
Ao da seguinte, o xoves 20, o alumnado ter “a oportunidade de escoitar a un dos mellores talentos creativos do panorama nacional e internacional”, Toni Segarra. Recoecido pola revista Anuncios como o mellor creativo espaol do século XX, presentar xunto a David Torrejn o libro Toni Segarra y la Publicidad, un libro que, a través dun dilogo entre estes dous profesionais, busca afondar nas claves do pensamento creativo dun profesional que acumula 39 lens no Festival Internacional da Creatividade de Cannes e mis dun centenar de premios Sol, do Festival Iberoamericano de Comunicacin Publicitaria.
Publicidade contra as desigualdades
Financiada pola Unidade de Igualdade da 鶹 e coordinada polo profesor Alberto Dafonte, a programacin continúa o venres 21 coa xornada A creatividade publicitaria como ferramenta transformadora e impulsora de igualdade, na que unha serie de conferencias porn o foco tanto nas desigualdades existentes no sector publicitario como en como desde este mbito poden combaterse os estereotipos de xénero. Esta actividade arrancar cun relatorio da creativa Iria Otero, responsable do proxecto Filling the gap, no que afonda en diferentes temticas relacionadas coa perspectiva de xénero este sector profesional. Tras a súa intervencin, a xornada continuar cun relatorio de Alba Cobo sobre diversidade corporal e publicidade, para contar logo con Cristina Guezuraga, da escola de creativas Proxecto Oh! Sister, nun relatorio titulado Transformar o de dentro. Falemos do que nos pasa s creativas. Finalmente, esta actividade completarase cunha intervencin por videoconferencia de Roco Restaino, centrada no uso de linguaxe inclusiva na comunicacin das marcas.
Da verificacin de informacin s profesionais formadas no centro
Xa a semana seguinte, a actividade continúa o luns 24 co coloquio Wedding planners: creatividade na túa voda, dirixido a achegar as experiencias de dúas profesionais formadas no centro, Iria Vias e Andrea Area, na organizacin, xestin e realizacin de traballos fotogrficos e audiovisuais para as vodas, “que se estn convertendo nuns eventos nos que cada vez traballa mis xente formada na facultade”, recoece Pérez.
O martes 25 ter lugar o Obradoiro de verificacin de informacin. Fact checkers, coordinado tamén por Dafonte e impartido pola xornalista especializada en aflabetizacin meditica Vivian Rangel, de Maldita.es. Ademais de achegar ao alumnado unha serie de nocins, recursos e exemplos prcticos para contrastar informacin, fotografas ou vdeos, este coloquio servir tamén para presentarlles o proxecto Iberifier, financiado pola Unin Europea e dirixido a articular un observatorio de medios dixitais e desinformacin en Espaa e Portugal.
Ao da seguinte, a facultade acoller unha conferencia do coordinador xeral de Daveiga, Xosé Lois Lamazares, presentada por Figueroa e dirixida a afondar na traxectoria dunha empresa que, desde a economa social e o rural, logrou alcanzar unha facturacin anual de seis millns de euros. Finlamente, a programacin péchase o xoves 27 co coloquio E estas dúas quen son? A vida despois de CAV, dirixido a presentar “un percorrido pola traxectoria profeisonal, dende a facultade ata o mercado laboral”, de dúas tituladas, a directora de cine Luca Estévez, codirectora da serie Los Argonautas de TVE, e a guionista Sara Varela, que traballou para produtoras como Portocabo e para Antena 3.
