DUVI

Diario da 鶹

Facendo Plus supera o seu ecuador tras investir 13,8 millns de euros e rexistrar 12 patentes

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Աپ
  • Աپ
DUVI 30/04/2025

Os socios participantes no proxecto Facendo Plus, Competitividade Industrial e Electromovilidad a través da Innovacin e a Transformacin Dixital Plus, presentaron este mércores na planta de Stellantis Vigo o estado de avance do proxecto, uns datos que sitúan a cifra total de investimento en 13,8 millns de euros e que dan conta da posta en marcha de mis dun cento de accins e o rexistro de 12 patentes.

Liderado por Stellantis Vigo e cofinanciado pola Xunta de Galicia no marco da quinta convocatoria de axudas do Programa Fbrica Intelixente e Sustentable, Facendo Plus est a ser desenvolto por un consorcio de nove socios dos que forman parte a propia 鶹, os centros tecnolxicos CTAG, Aimen, EnergyLab e Gradiant, e as pemes Unimate, SFC Solutions, Probotec e Merasys. 

Un acto para reivindicar a importancia da innovacin galega

Todos eles coincidiron en reivindicar na presentacin a importancia da innovacin levada a cabo en Galicia co obxectivo de mellorar os procesos e a competitividade do sector. De feito, “moitos proxectos xa estn sendo copiados por outras plantas do grupo”,  explicou o director da factora viguesa do grupo automovilstico Stellantis, José Luis Mosquera, quen fixo fincapé en que a idea é extrapolar as innovacins obtidas a outras factoras do consorcio, ao igual que acontece con outros moitos proxectos que xa se aplican en Vigo e que estn a ser copiados e analizados para poder implantarse noutras fbricas.

Por parte da 鶹 acudiu presentacin a vicerreitora de Աپ, Transferencia e Innovacin, Belén Rubio, quen subliou a importancia de traballar “xuntos” para ser “mis fortes”.

Sobre a importancia da competitividade falou tamén a conselleira de Economa e Industria, Mª Jesús Lorenzana, quen aproveitou a súa presenza neste acto para confirmar que a Xunta continuar a apoiar programas de innovacin que permitan que a industria galega avance, non s no eido da automocin, senn tamén noutros mbitos como o aeroespacial ou a defensa.

270 profesionais e 327.000 horas de investigacin

Segundo se explicou na presentacin, Facendo Plus involucra a 270 técnicos/as e investigadores de diferentes mbitos. Eles e elas son os profesionais que estn detrs das 108 accins executadas ou en curso relacionadas coas diferentes lias de traballo: Fbrica do Futuro, Vehculo do Futuro, Conectividade e Infraestrutura IT e Sustentabilidade, computndose en total unha cifra estimada de 327.000 horas de investigacin. As mesmo explicouse tamén que  os investimentos realizados -13,8 millns de euros, dos 19 millns previstos no proxecto-, supoen o 72% do orzamento do proxecto.

O proxecto concluir en pouco mis dun ano

O obxectivo de Facendo Plus é avanzar na competitividade industrial e impulsar a cadea de valor no sector de automocin de Galicia, a través da investigacin industrial e o desenvolvemento experimental, involucrando a centros de coecemento, pemes e Universidade baixo o liderado de Stellantis Vigo. As innovacins desenvolvidas desde que se iniciou o proxecto, en 2023, deron lugar a 12 patentes rexistradas, e desencadearon avances que crean contido para novas convocatorias. Cun perodo de execucin de 36 meses, esta edicin do programa concluir en setembro de 2026.