O foro de innovacin e investigacin educativa celebrouse este venres de xeito virtual
Expouniversitas pon en valor 52 traballos académicos e investigadores de alumnado e profesorado
Contou coa participacin de membros dos tres campus da 鶹
O Campus Virtual da 鶹 acolleu este venres a celebracin dunha nova edicin de , que debido situacin sanitaria este ano tivo que celebrarse por primeira vez de xeito on-line. Na cita, profesorado e alumnado dos tres campus da 鶹 expuxeron 52 traballos académicos e investigadores que destacaron pola súa diversidade, abranguendo desde a educacin ata a biotecnoloxa e desde traballos de aula ata teses de doutoramento. O obxectivo da iniciativa foi unha vez mis “sacar do caixn e subir ao escenario” o traballo que se fai no contexto universitario para a súa valorizacin.
A organizacin de Expouniversitas correu novamente a cargo da Facultade de Educacin e Traballo Social do campus de Ourense, concretamente dun equipo de profesores e profesoras formado por Pedro Membiela, Isabel Mocio, Ángeles Conde, Manuel Vidal, Sara Vzquez e Mara Lorenzo. Segundo explica este comité organizador, a cita estaba previsto que mesturase actividade presencial, pola ma, e virtual, pola tarde, pero a evolucin da pandemia obrigou a adaptar toda a programacin ao formato on-line. A pesar desta modificacin, apuntan, a participacin nesta edicin superou a do pasado ano, cando se presentaron 43 traballos. “Este ano, en previsin do que poda pasar pola pandemia, pero tamén como unha va complementaria de difusin da actividade, decidimos inclur a modalidade virtual. Nestas circunstancias e noutras mis normais esta versin on-line ten aspectos positivos, facilitando por exemplo unha maior participacin de profesorado e alumnado de fra de Ourense”, explica Pedro Membiela.
Seguindo a idea de que Expouniversitas “basicamente o que pretende é ser un escenario, un mbito de comunicacin entre a comunidade universitaria, de presentacin das cousas que un est facendo e de ver as cousas que outros estn facendo”, nesta ocasin foron 52 os traballos presentados tanto por alumnado como por profesorado (elaborados de xeito individual ou en grupo) como por equipos mixtos de profesorado e alumnado. As exposicins realizronse de xeito simultneo durante dúas horas en sete salas virtuais da Facultade de Educacin e Traballo Social no Campus Remoto. Este formato, indican os responsables da actividade, permitiu ao foro volver a ser “un punto de encontro para o intercambio de experiencia”.
Diversidade de propostas
Sobre os traballos expostos, desde Expouniversitas destacan como a palabra que mellor definiu a programacin desta edicin é a diversidade. “A participacin estivo moi repartida entre os diferentes campus, entre os diferentes centros, entre alumnado e profesorado, entre os distintos campos temticos, entre os diferentes tipos de traballos... Houbo variedade en todos os aspectos”, apunta o comité organizador, facendo fincapé en como “anda que Expouniversitas naceu no campus de Ourense e mis centrada no eido educativo, vamos estendéndonos cada ano mis”. Como exemplo, as primeiras propostas que se escoitaron este venres no foro estiveron centradas en temas como o uso da infografa interactiva en clase de Francés, a cargo da profesora Sara Vzquez; en como é a osmose dun ovo, traballo das alumnas Luca Gamallo e Alba Gonzlez, e na investigacin sobre o potencial de enzimas xilanolticas extremfilas para a hidrolise de xilano de palla de trigo, das investigadoras Andrea Rodrguez, Camila Jiménez, Marta Diéguez e Clara Fucios.
Dúas das salas estiveron dedicadas exposicin de traballos feitos por estudantes de diferentes graos no marco de diversas materias, coa idea de que este alumnado desenvolva tamén as súas competencias de expresin ante o público. Nelas expuxeron un amplo abano de proxectos, que abrangueron desde a variacin da viscosidade en lquidos en funcin da temperatura, de Sheila Fernndez, Manuel Garrido e Fabio Antonio Gonzlez, ata a educacin emocional nos nenos e nenas, de Iria Gonzlez. Tamén tiveron un protagonismo destacado traballos feitos por alumnado que est en diferentes programas de doutoramento da 鶹, inclundose intervencins sobre temas como a comparativa entre categoras visuais en mulleres judokas con discapacidade visual (de Jesús Antonio Gutiérrez, Ivn Prieto e Alfonso Gutiérrez); o aumento do interese cara a ciencia a través da lectura-escritura utilizando relatos de ficcin cientfica (de Miguel Ángel Queiruga, José Benito Vzquez e Mara Consuelo Siz) e as puntas palmela do xacemento de A Veiga (de Luca Rodrguez, Juan Manuel Galia e Carolina Cornax).
Igualmente, o profesorado tamén tivo un papel relevante nesta edicin, expondo diferentes experiencias educativas desenvolvidas nos campus da 鶹. As, por exemplo, Beatriz Comendador e Andrea Mourio abordaron experiencias de innovacin docente en Etnoloxa, explicando o esforzo feito na adaptacin de metodoloxas docentes “nova realidade” provocada pola pandemia e incidindo en aspectos como o traballo en equipo ou as competencias transversais no novo contexto da educacin virtual. Do mesmo xeito e baixo o ttulo Axitando a heteronormatividade: performance, sexualidade e disidencia, o profesor Carlos Tejo expuxo un traballo desenvolvido dentro da materia Proxectos de Arte de Accin, de cuarto curso do Grao en Belas Artes.
Por último, a diversidade de temticas foi moi ampla, podendo escoitarse nas diferentes salas virtuais intervencins que foron desde a influencia da criptografa moderna no dilema entre privacidade e transparencia (Alberto Pedrouzo) e a segmentacin de vas ferroviarias baseada en deep learning (Javier Grando, Belén Riveiro e Pedro Arias) ata a anlise terminolxica de lexislacin farmacéutica da UE (Mara Estévez) ou o papel docente na transformacin da educacin cientfica no rural en Chile (Katherine Acosta Garca).
