DUVI

Diario da 鶹

A mostra ‘The year we make contact’ reúne en Monção as obras 38 titulados e tituladas

A exposicin de traballos finais do alumnado de Belas Artes cruza a fronteira

Pode visitarse na Galera de Arte CTJV ata o 14 de xaneiro

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Arte
  • Cultura
  • Estudantado
  • Estudantes
DUVI Ourense 13/12/2021

Ao longo de setembro puido contemplarse no Pazo da Cultura de Pontevedra unha nova edicin de Do final e do comezo, a exposicin na que a Facultade de Belas Artes reúne cada ano unha seleccin de obras nacidas como parte dos traballos de fin de grao (TFG) dos novos titulados e tituladas. A situacin provocada pola covid-19, que impedira levar a cabo esta mostra en 2020, motivou que, baixo o subttulo de Unha odisea no Pazo, a exposicin reunise nesta ocasin unha escolma de 38 traballos defendidos ao longo dos dous últimos cursos. Desde esta fin de semana, estes 38 TFG reúnense de novo, nunha versin mis reducida, na exposicin , que poder visitarse ata o 14 de xaneiro na Galera de Arte CTJV de Monção. Promovida pola facultade e a Plataforma Arte e Cultura deste municipio portugués, trtase da primeira vez que esta mostra anual se traslada a outro espazo expositivo.

“Pensamos que isto é algo moi positivo, porque ofrece aos e s artistas a posibilidade de participar nunha nova mostra, que neste caso ten o valor engadido de ser internacional”, salienta a profesora Mara Covadonga Barreiro, comisaria, xunto coa docente Sonia Tourn, dunha exposicin inaugurada na tarde deste sbado, nun acto que contou coa participacin do decano, Xosé Manuel Buxn, e do vicepresidente da Cmara Municipal e responsable de Accin Social, Cultura e Turismo, João Oliveira. Do mesmo xeito que a exposicin que a precedeu aluda co seu nome ao filme Unha odisea no espazo, de Stanley Kubrick, esta nova mostra aprpiase do ttulo da súa secuela, a pelcula The year we make contact, dirixida por Peter Hyams. Con esa idea, como sinalan as súas coordinadoras, nestes tempos de “nova normalidade”, a exposicin ten como “obxectivo principal demandar a presenza indispensable das artes e tentar recuperar e intensificar, fundamentalmente, a súa relacin fsica co espectador”. Trtase, engaden, de “restablecer o contacto” co público e achegar a este unha serie de proxectos nacidos “no medio dunha situacin complexa, restritiva e incerta”, marcada pola pandemia.

Manter o seu carcter “plural e representativo”

Como explica Barreiro, o “criterio principal” que seguiron de cara a articular esta exposicin foi o de manter os 38 artistas seleccionados para a primeira mostra, no marco dunha convocatoria que se presentaron preto de 80 traballos. “Pensamos que era importante dar continuidade ao grupo e que todos tiveran a oportunidade de participar nesta exposicin”, salienta a docente, que incide en que este condicionante permita súa vez manter “a pluralidade disciplinaria e temtica da primeira” mostra, obrigando, non obstante, “a reducir o número de obras expostas de cada proxecto” para adaptarse s dimesins da Galera CTJV.

Deste xeito, na mostra conviven obras pictricas, escultricas ou fotogrficas, con traballos de ilustracin e de deseo, videocreacins, instalacins ou mesmo performances, co propsito de amosar as múltiples disciplinas nas que o alumnado traballa na facultade, as como s diferentes “temticas e problemticas” que centraron os proxectos destas dúas promocins, varios deles levados a cabo durante o confinamento.

Dirixida a dar a coecer o traballo dos novos titulados e tituladas nese “momento de transicin”, que implica “a culminacin dunha etapa académica e a apertura ao contexto social e cultural que os aproxima ao mbito profesional”, a posibilidade de trasladar esta iniciativa a Monção xorde, lembra Barreiro, da colaboracin entre a facultade e Ricardo Campos, responsable da Plataforma Arte e Cultura de Monção e encargado da programacin da sala CTJV. De feito, nesta colaboracin insrese tamén o proxecto Arte em Trânsito, que nestes meses leva a seis estudantes da facultade e a outros seis do Instituto Politécnico de Viana do Castelo a crear unha serie de obras inspiradas no territorio e na tradicin vitivincola deste municipio do norte de Portugal.

Por outra banda, esta exposicin ter tamén como continuidade, a comezos do vindeiro ano, a publicacin do catlogo que fai balance desta edicin de 2021 de Do final e do comezo.