DUVI

Diario da 鶹

A mostra inaugurase o vindeiro xoves na Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes

Unha exposicin rememora a cafetara de Belas Artes como espazo de intercambio de ideas

Comisariada por Sara Donoso, reunir as creacins de catro egresadas e egresados

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Arte
  • Cultura
  • Cultura
DUVI Pontevedra 07/03/2025

A Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes inaugura o vindeiro xoves 13 de marzo Bar-Cafetera. Grazas pola súa visita, unha exposicin que reúne as obras de Alberto Ardid, Tayone e o colectivo Rapapawn, integrado por Cynthia Alfonso e Óscar Raa, todos eles antigas e antigos estudantes de Belas Artes. Coa tamén egresada da facultade Sara Donoso como comisaria, esta exposicin busca ir mis al, explica, da “mostra artstica convencional para converterse nun acto de reflexin sobre a importancia de reabrir” a cafetara do centro “como punto social e de intercambio de ideas para a facultade”. 

Despois de que as diferentes convocatorias para a adxudicacin deste servizo quedasen desertas, o espazo que ocupaba a antiga cafetara foi acondicionado no curso 2022/2023 para converterse na sala O Abrigo, que desde entn vén acollendo un programa de exposicins, protagonizado principalmente polas creacins do alumnado, as como outra serie de actividades do estudantado do centro.

A arte como construtora de dilogos

Inserida na programacin da sala de exposicins do campus e promovida co apoio da Deputacin de Pontevedra, Bar-cafetera. Grazas pola súa visita “non é exactamente unha cafetera”, pero tampouco “unha exposicin ao uso”, xa que o proxecto formúlase como “un organismo vivo” no que a “demanda da reapertura da cafetara se converte en pretexto para reactivar a memoria afectiva da facultade e converterse nun espazo de encontro colectivo e mutante”, como apunta Donoso. Nese senso, a mostra que se inaugurar o vindeiro xoves, s 20.00 horas, permitir tanto gozar das obras das e dos diferentes artistas como tomar un café ou unha infusin e sentarse a ler e conversar. 

Nas creacins do colectivo Rapapawn, Tayone e Ardid estn presentes as superposicins, a repeticin e a acumulacin, coas que aluden, como sinala Donoso, “a un mundo a medio facer, a un proceso de bucle constante”. Nese senso, a exposicin preséntase como un “ensaio dun espazo coral, que emprega a arte non como obxecto, senn como vehculo de construcin de dilogos, mis al da súa formulacin plstica, indicando o seu valor como plataforma colectiva de anlise e entendemento”. Esa idea verase reflectida ademais a través da organizacin de dúas exposicins efémeras do alumnado, guiadas por Alfonso e Raa e polo coordinador da sala e vicedecano de Cultura, Ignacio Pérez-Jofre. 

A mostra, que poder visitarse ata o 30 de maio na sala de exposicins do campus de Pontevedra, verase completada coa presenza do cadro Un berro por Belas Artes, realizado por Laxeiro en 1993 e presente durante décadas nas paredes da antiga cafetara.