O campus acolle unha mostra dedicada a esta muller progresista e liberal
Unha exposicin pon en valor a vida e a traxectoria de Juana de Vega
Pode visitar na entrada do Edificio de Ferro ata o 26 de maio
A entrada do edificio de Ferro do campus de Ourense acolle desde este martes a exposicin Juana de Vega, Condesa de Espoz y Mina (1805-1872): facer no século, organizada pola Fundacin Juana de Vega con motivo do 150 aniversario do seu falecemento. Nela, pode coecerse a vida e traxectoria desta “ilustre coruesa, que desenvolveu unha intensa actividade benéfica e social, unha muller progresista e liberal, avanzada para a súa época, que deixou unha grande impronta non s na cidade da Corua senn tamén en toda Galicia e resto do estado”, segundo destacan desde a organizacin da exposicin.
Na inauguracin da mostra este martes estiveron Elena Rivo, vicerreitora do campus de Ourense; Enrique Sez, presidente da Fundacin Juana de Vega, e Armando Ojea, tenente alcalde da cidade de Ourense. Elena Rivo destacou a satisfaccin por acolle no campus de Ourense esta actividade de extensin universitaria que percorrer os tres campus da 鶹 e que se centra “nunha muller moi adiantada ao seu tempo, con ideas propias e unha vida complexa nunha época moi diferente nosa”. Pola súa banda, Enrique Sez resaltou que a exposicin, ademais de pr en valor a figura “dunha muller importante” como Juana de Vega tamén “pon en valor o papel das mulleres na historia”, lembrando que “a historia contempornea da Corua pdese explicar a base de mulleres”, citando como exemplo a Mara Pita, Teresa Herrera, Isabel Zendal, Concepcin Arenal, Rosala de Castro, Fanny Garrido, Emilia Pardo Bazn, Sofa Casanova, Mara Casares ou Elisa e Marcela, ademais da propia Juana de Vega.
Desde o seu nacemento ao seu legado
A mostra itinerante sobre a vida e a traxectoria de Juana de Vega abrangue desde o seu nacemento en 1805 na Corua ata o seu falecemento en 1872 na mesma cidade. Nos 18 paneis que conforman a exposicin percrrense as andanzas da súa familia, a guerra e a poltica de principios do século XIX, o seu casamento co heroe da Guerra de Independencia Francisco Espoz y Mina e o seu casamento. Tamén se achega ao exilio, aos ataques sufridos polo militar navarro e súa morte, que a converten na “viúva eterna”. A iniciativa tamén permite afondar na faceta humana e intelectual da homenaxeada ao longo dos anos, desde a súa funcin como aia da Raa Isabel II ata a fundacin de hospitais e hospicios ou “a súa influencia nos crculos de poder para acadar sempre o fin de axudar aos mis necesitados”.
Segundo explican desde a organizacin da mostra, Juana de Vega “foi considerada como unha herona pola súa loita contra o clera, unha das doenzas mis mortferas do século, e tamén destacou na defensa da memoria do seu defunto marido, preservando o seu legado e protexendo o seu recordo”. Morreu o 22 de xuo de 1872 con 67 anos deixando un testamento “detallado e sistemtico”, onde as súas últimas vontades inclúen “o repartimento ben ordenado dos seus bens entre familiares, amizades moi queridas e diferentes institucins”. As, a exposicin remata cunha referencia Fundacin Juana de Vega, que foi constituda por va testamentaria co obxectivo de crear unha escola terico-prctica de agricultura na casa de vern en San Pedro de Ns en Oleiros (A Corua).
A mostra, que estar aberta ao público no campus de Ourense ata o 26 de maio, continuar viaxando por Galicia, estando prevista a súa exposicin en Monforte de Lemos, terra da nai de Juana de Vega, e en Mondoedo, de onde era orixinario o seu pai.
