A docente Susana Cendn é a comisaria de ‘Outras historias posibles’, que pode verse no Café Moderno
Unha exposicin percorre o pasado recente da arte galega desde unha perspectiva feminista
A artista e profesora Anne Heyvaert é unha das súas protagonistas
Contar outra historia da arte en Galicia, que complemente s xa existentes desde unha perspectiva feminista, foi o propsito co que a profesora da Facultade de Belas Artes Susana Cendn deu forma a Outras historias posibles, a exposicin que desde este venres pode veres no Café Moderno Afundacin tras recibir mis de 50.000 visitantes na Cidade da Cultura. Esta mostra reúne as obras de seis artistas, nacidas na década de 1950, e que non contaran “cunha exposicin monogrfica que lexitime a súa traxectoria”, explica a súa comisaria. Trtase de tamén docente na facultade pontevedresa Anne Heyvaert, das pintoras Ana Garca Pan, Tusi Sandoval, Blanca Silva e Laura Terré e da ceramista Emilia Guimerns, autoras das mis de 50 pezas reunidas nunha mostra que poder visitarse ata o 30 de maio e que busca ofrecer unha visin integral das súas traxectorias.
Despois de exhibirse entre maio e xaneiro no Museo Centro Gais, esta exposicin chega a Pontevedra da man de Afundacin e da Xunta de Galicia, no marco do programa de itinerancias da Cidade da Cultura. Outras historias posibles foi inaugurada este venres nun acto que contou coas participacin do conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude; José Lpez; o director xerente de Afundacin, Pedro Otero; o director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; a directora xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vzquez; a directora territorial de Abanca en Pontevedra; Carmen Fernndez; a coordinadora da rea de Cultura de Afundacin, Marité Cores; a comisaria Susana Cendn e as artistas Anne Heyvaert, Blanca Silva e Laura Terré.
Outras historias posibles “procura enriquecer a historia da arte outorgando unha maior visibilidade a artistas galegas ou conectadas con Galicia”, sinalou Lpez neste acto, no que puxo de relevo a necesidade de “construr discursos integradores que dirixan a ollada cara o talento de mulleres como as protagonistas deste proxecto”. Nesa mesma lia, o responsable de Afundacin destacou que esta mostra “ofrécenos miradas complementarias e imprescindibles para comprender a totalidade e complexidade dun panorama cultural tan plural como o noso”.
Seis artistas con propostas esteticamente dispares
Pinturas, esculturas, xilografas e debuxos conviven nunha exposicin que presenta o traballo de seis artistas con “propostas esteticamente dispares”, que comezaron a despuntar na década de 1980, como lembra Cendn. Unha delas é a docente e investigadora do grupo dx5 Anne Heyvaert, quen fixou nesa década a súa residencia en Galicia, onde continuou unha traxectoria artstica na que sobresae o seu traballo dentro da grfica contempornea. Esta mostra permite achegarse aos seus traballos centrados na idea do pregue e na expansin da arte grfica, mais tamén coecer algunhas das súas producins previas nos mbitos do debuxo e da pintura. Xunto s súas creacins, a exposicin presenta unha escolma das pinturas de Garca Pan e Terré, vez que afonda no “dilogo entre o pictrico e o téxtil” proposto por Sandoval. A mostra complétase súa vez cun achegamento ao traballo de experimentacin coa cermica de Guimerns e cunha serie de obras, tanto pictricas como escultricas, de Blanca Garca.
Nese obxectivo de “contar a historia desde outra perspectiva, que tea en conta as circunstancias polticas e sociais dun contexto concreto”, a exposicin que agora se traslada a Pontevedra viuse complementada pola publicacin dun catlogo, editado pola Fundacin Cidade da Cultura, e no que as diferentes obras vense complementadas por textos biogrficos das seis artistas. Deseado pola profesora da Facultade de Deseo Patricia Dopico, esta publicacin recolle os resultados do labor de investigacin desenvolvido por Cendn, integrante tamén do grupo dx5, para este proxecto.
