DUVI

Diario da 鶹

‘Reliquias’ reúne as obras dos alumnos de doutoramento Álex Fuertes e Julio Cataln

Unha exposicin explora o uso de material de refugallo na creacin artstica

Comisariada por José Eiras, pode visitarse no espazo ‘O Abrigo’ de Belas Artes

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Arte
  • Cultura
  • Աپ
  • Estudantes
DUVI Pontevedra 06/11/2023

Reliquias é o ttulo da nova exposicin que ata o 16 de novembro pode visitarse no Abrigo, a antiga cafetara da Facultade de Belas Artes, reconvertida o pasado curso nun espazo para a organizacin de exposicins ou talleres. Co alumno de doutoramento José Eiras como comisario, esta mostra reúne as creacins dos tamén estudantes de doutoramento Álex Fuertes e Julio Cataln, conectadas polo uso que ambos fan de obxectos atopados e de refugallo, que reconverten en materiais para a creacin artstica.

“Son dous artistas cuxa obra ten moitsimos puntos de ancoraxe e moitsimas similitudes, pese a que no mbito da investigacin, difiren bastante”, salienta Eiras. Ambos “recollen residuos, despoxos da pegada humana” para conformar as súas pezas, sinala Eiras, que centra a súa tese de doutoramento “na mediacin entre a obra de arte e o espectador”. Ambos, lembra, desenvolven as súas teses no marco da lia de investigacin “pintura contempornea e percorridos urbanos”, baixo a direccin de Ignacio Pérez-Jofre, mais no caso de Fuertes os obxectos atopados dan como resultado unha serie de obras “que remiten automaticamente a pintura”, mentres que nas propostas de Cataln faise mis presente a “captura dun instante”, o propio percorrido no que foron atopados os materiais.

Valéndose de múltiples obxectos, desde restos de equipos informticos a anacos dun aspirador, Fuertes presenta un conxunto de obras coas que busca “un aspecto pictrico, pero tamén unha tridimensionalidade escultrica”, explica. “Interésame que sexan obxectos recoecibles, pero que en conxunto sexan algo abstracto”, engade o artista e investigador, quen destaca tamén o interese de que unha exposicin que parte do “reemprego de material de refugallo” tea como escenario un espazo ao que se deron novos usos despois de que os procesos para a adxudicacin do servizo de cafetara quedasen desertos. Restos dunha persiana e unha serie anacos dunha estrada levantada recentemente na cidade serviron por outra banda a Cataln para dar forma a unhas instalacins que teen tamén como punto de partida a pintura. Isto faise patente tanto polos “trazos” que parecen representar os diferentes anacos da persiana como pola “representacin dunha pintura universal” trazada cos anacos de pavimento que se mostran nunhas obras que, recoece, forman parte de “procesos abertos de creacin”, de tal xeito que en lugar dun resultado final, mstranse “como unha posibilidade entre moitas”.

Documental 'Deserto verde'

Por outra banda, Belas Artes acoller este martes 7, s 11.00 horas, a estrea da curtametraxe documental Deserto verde, sobre a obra escultrica de Isaac Cordal, unha peza nacida da residencia que o artista desenvolveu na cidade en setembro de 2022