DUVI

Diario da 鶹

Promovida polo colectivo Refugallo, reúne obras de 16 estudantes e egresados

Unha exposicin en Cangas d conta do talento que se forma en Belas Artes

‘Unha fiestra aberta’ pode visitarse no auditorio ata o 23 de setembro

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Arte
  • Cultura
  • Estudantado
  • Estudantes
DUVI Pontevedra 09/09/2022

Dar a coecer as creacins do alumnado de Belas Artes é o propsito central de Unha fiestra aberta, a exposicin que ata o 23 de setembro reúne en Cangas as obras de 16 estudantes e titulados e tituladas e que foi impulsada súa vez pola agrupacin Refugallo, integrada por estudantes da facultade. “A temtica da exposicin é a xente de Belas Artes”, salienta Daniel Calvar, alumno da facultade e un dos promotores da mostra que pode visitarse no Auditorio Municipal Xosé Manuel Pazos, xunto con Candela Eirea, Paloma Domnguez e Blanca Castro. Impulsores, xunto coa tamén alumna da facultade Xoana Abraira do colectivo Refugallo, este grupo de estudantes busca con esta iniciativa contribur a “dar visibilidade ao que se est facendo na facultade”, como sinala Calvar.

Esa idea de achegar cidadana as creacins do alumnado motiva precisamente o ttulo da mostra, Unha fiestra aberta, na que se agrupan creacins “de diferentes estilos e temticas” e que se caracteriza as mesmo pola presenza de múltiples disciplinas, desde a pintura e o debuxo ao vdeo ou a fotografa. Como explica Calvar, nesa idea de promover “unha exposicin que falase da facultade”, desde Refugallo buscaron que estivesen representados os diferentes mbitos de traballo do alumnado que se forma no centro, convidando “unha grande diversidade de artistas”, na súa meirande parte, estudantes dos últimos cursos do grao ou recentemente titulados.

Un paso mis na idea de visualizar o traballo do alumnado

Coa idea de axudar “a dinamizar dalgún xeito a facultade”, nun contexto de pandemia, este grupo de estudantes impulsou hai dous cursos a agrupacin Refugallo, que no seu primeiro ano de andaina organizou “unha pequena exposicin de fotografa performtica” no Galpn Lab, en Pontevedra. Xa o curso pasado, desenvolveron unha actividade no Saln do Libro Infantil e Xuvenil e contaron no interior da facultade cun “pequeno espazo”, ao que deron o nome de A esquina “e onde fixemos unha exposicin semanal durante o segundo cuadrimestre”, ao longo do que exhibiron as creacins de preto dunha vintena de alumnas e alumnos. Previamente, as e o integrante de Refugallo xa fixeran en Cangas, na capela do hopsital, unha mostra “de obras propias do colectivo”, experiencia que lles axudou agora a pr en marcha “unha exposicin un pouco mis grande, na que o alumnado tivese incluso a posibilidade da venda de obras”, como a que nestas semanas pode verse no auditorio deste municipio.