DUVI

Diario da 鶹

Pode visitarse ata finais de maio na entrada do Edificio de Ferro

Unha exposicin achega ao alumnado do campus a figura de Xosé Velo

En 1961 dirixiu o secuestro do transatlntico Santa Mara para denunciar as ditaduras ibéricas

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Cultura
  • Feiras e exposicins
  • Cultura
DUVI Ourense 29/04/2024

Baixo o ttulo , ata finais de maio pode visitarse na entrada do Edificio de Ferro do campus de Ourense unha exposicin biogrfica arredor da figura de Xosé Velo, que a principios de 1961 dirixiu o secuestro do transatlntico Santa Mara para denunciar internacionalmente as dúas ditaduras ibéricas.

Na súa presentacin este luns, Francisco Javier Rodrguez Rajo, vicerreitor do campus de Ourense, indicou que a acollida desta mostra est en lia co compromiso da institucin académica coa cultura e coa galeguidade, centrndose neste caso na vida de Xosé Velo e “a súa loita por Galicia”. A exposicin, apuntou o responsable académico, “supn unha oportunidade para achegar esta figura ao alumnado do campus”. Pola súa banda, Aser Álvarez, de Arraianos Producins e comisario de Love Velo, explicou que esta iniciativa forma parte do proxecto de recuperacin da memoria de Xosé Velo desenvolvido arredor de 2022 con motivo dos 50 anos da morte do homenaxeado, contando coa colaboracin de diferentes entidades, como a Asociacin Galega de Cultura e Desenvolvemento Rural.

Love Velo, detallou o seu comisario, “é unha pequena viaxe a través da vida e das obras de Xosé Velo Mosquera. É unha exposicin biogrfica, onde contamos un pouco a súa historia, pero onde tamén se pode acceder a outros materiais a través de cdigos QR”, como a súa voz. Nos seus paneis realzase un achegamento a diferentes etapas da súa vida, desde a infancia e xuventude, seguindo pola II República, a Guerra Civil e posguerra, os dous exilios que viviu e o secuestro do Santa Mara. “Xosé Velo nacera para ser un mestre e por suposto poeta pero cruzouse no seu camio o alzamento militar e a tivo sempre un compromiso férreo que mantivo ata a súa morte”, apuntou Aser Álvarez.

Unha historia que contar

Xosé Velo Mosquera, explcase na exposicin, naceu en Celanova en 1916. Membro do primeiro Consello Nacional da Federacin de Mocedades Galeguistas, chegou a ser elixido secretario xeral desta organizacin en 1935. Despois da guerra trasladouse a Vigo, onde o detiveron pola súa actividade antifranquista. En 1948 fuxiu a Portugal e foi detido, anda que grazas mediacin do Unitarian Service e ao apoio do goberno de Rmulo Gallegos, puido trasladarse a Venezuela. En 1956 foi nomeado presidente do Lar Gallego de Caracas e, como delegado desta institucin, participou activamente no Primeiro Congreso da Emigracin Galega celebrado en Bos Aires. En 1959 fundou o DRIL (Directorio Revolucionario Ibérico de Liberacin) cun grupo de exiliados espaois e portugueses. A principios de 1961 dirixiu o secuestro do transatlntico Santa Mara, accin que pretenda denunciar internacionalmente as dúas ditaduras ibéricas. O goberno brasileiro acolleu aos secuestradores como refuxiados polticos, e Velo e o seu fillo Vtor, que tamén participara no secuestro, establecéronse en São Paulo. Nesta cidade fundou unha librara (Ns) e logo unha editorial (Galiza Ceibe), pouco antes de morrer, dun cancro de pulmn, aos 55 anos de idade.