DUVI

Diario da 鶹

A mostra ‘Reunins de cans no parque’ pode visitarse nesta sala de Belas Artes ata o venres 16

As experimentacins coa pintura abstracta de once estudantes de Belas Artes enchen as paredes do espazo O Abrigo

Trtase dos resultados dun obradoiro impartido pola artista Lúa Gndara

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Arte
  • Cultura
  • Estudantado
  • Estudantes
DUVI Pontevedra 07/05/2024

A finais de 2023, a artista e egresada da facultade Lúa Gndara imparta en Belas Artes un obradoiro dirixido a que o alumnado puidese experimentar, tanto coa cor como co seu propio trazo e xestualidade hora de pintar, a través da realizacin dunha serie de pinturas abstractas. Financiado polo Departamento de Pintura, este taller deu como resultado un conxunto de obras, realizadas sobre papeis de grandes dimensins, que desde a tarde deste luns enchen as paredes da sala O Abrigo, o espazo que ocupaba a antiga cafetara da facultade, reconvertido nun lugar para a organizacin de mostras e actividades. Comisariada por Gndara, nesta mostra preséntanse as creacins dos once alumnos e alumnas participantes nun taller que, como explica, buscaba afondar “noutras maneiras de achegarnos pintura”. Baixo o ttulo de Reunins de cans no parque, a mostra presenta nese senso unha serie de obras “nas que hai unha parte certamente moi experimental”, resultado dun proceso no que as e os estudantes tiveron que “traballar de maneira improvisada, deixando que as formas fosen xerando unha composicin case que automaticamente”, pero que ao mesmo tempo son tamén creacins “cunha intencin compositiva”, como sinala o vicedecano de Cultura, Ignacio Pérez-Jofre.

Ao igual que o obradoiro, esta exposicin toma seu nome dunha obra de Gndara, que, como sinala Pérez-Jofre, coordinador da mostra, permite transmitir ideas como “a vitalidade, a sociabilidade, a interaccin” ou a necesidade de “sacar luz, cando pintamos, eses elementos intuitivos, que non son puramente racionais”. Ideas que, como lembra, formaron parte do proceso de traballo dun obradoiro no que Gndara, engade, buscou “afastarse do tpico exercicio” e achegarse pintura a través do xogo, a experimentacin ou mesmo “dalgún exercicio performativo, para traballar mis desde o corpo e non s desde a cabeza”. Posteriormente, engade, o proceso completbase cunha anlise colectiva “do que amos facendo”, nun taller que, como sinala Pérez-Jofre, permitiu tamén a interaccin destes once alumnos e alumnas do Grao en Belas Artes cunha artista profesional, “que lles poda transmitir a súa experiencia e formas de traballar”. 

Inaugurada na tarde deste luns, Reunin de cans no parque presenta os traballos de Xulia Arias, Isis Huerga, Ro Marbn, Iago Rodrguez, Cristina Rus, Lorena Snchez, Irene Santamara, Ainoa Simons, Yanina Sgro, Miguel Teixeira e Pablo Yuste e poder verse ata o venres 16 de maio. Nesta xornada de peche, O Abrigo acoller ademais unha actuacin musical de Gustavo Costa, programado para as 19.00 horas e enmarcada nun pequeno ciclo de concertos promovido polo Liceo Mutante.