DUVI

Diario da 鶹

O catedrtico da Escola de Enxeara Forestal Adolfo Cordero é un dos autores deste traballo

Un estudo reúne os primeiros datos sobre o comportamento da única libélula que se reproduce de noite

Trtase da especie 'Phylolestes ethelae', que s pode atoparse en República Dominicana e Hait

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Աپ
  • Աپ
DUVI Pontevedra 06/11/2024

Pertencente a unha familia de libélulas apenas estudada, a Phylolestes ethelae é unha especie que s pode atoparse en República Domincana e Hait e que presenta un comportamento ata agora nunca detectado nos odonatos, como retrasar o apareamento ata última hora da tarde ou mesmo despois do anoitecer. Este foi o principal descubrimento do estudo do comportamento desta especie levado a cabo polo grupo de investigacin EcoEvo (Ecoloxa Evolutiva e da Conservacin) na illa da Hispaniola. “Non sabemos doutras especies con actividade nocturna dentro dos odonatos”, sinala o catedrtico da Escola de Enxeara Forestal Adolfo Cordero, que asina o artigo no que se presentan as conclusins deste traballo xunto cos investigadores dominicanos Juan Carlos Núez, do Jardn Botnico de Santiago Profesor Eugenio de Jesús Marcano Fondeur, e Carlos Suriel, do Instituto Tecnolxico de Santo Domingo.

Como explica Cordero, o estudo recentemente publicado na revista cientfica Animal Biodiversity and Conservation é resultado dos traballos de campo realizados na illa de Hispaniola nos anos 2017 e 2019, co obxectivo de analizar tanto o comportamento xeral como reprodutivo desta especie da familia Synlestidae. Inserido nun proxecto de investigacin do grupo EcoEvo sobre a diversidade de comportamentos en comunidades insulares e continentais de libélulas e aves, os investigadores levaron a cabo este estudo no Parque Nacional Armando Bermúdez, onde observaron os comportamentos de preto de 200 machos e mis de 70 femias de Phylolestes ethelae, mediante técnicas de marcaxe e recaptura.

Un conxunto de especies apenas estudado

Como sinalan os autores deste estudo, “os odonatos son coecidos pola súa diversidade de comportamentos reprodutivos”, o que motivaba que a hiptese de partida desta investigacin fose que “a singularidade filoxenética” da Phylolestes ethelae, sumada o feito de que s pode atoparse na illa que comparten República Dominicana e Hait, podera ter producido “comportamentos novos que vale a pena protexer, xa que forman parte da biodiversidade”.

Neste senso, “o resultado mis sorprendente” foi ter observado cpulas despois do anoitecer, a pesar de que os machos agarraran s femias para reproducirse horas antes. De feito, sinala Cordero, tamén se detectaron cpulas durante o da, pero o “mis sorprendente” é que varios machos non se apareasen ata a noite, nalgúns casos “esperando moitas horas en tndem coa femia”, dado que isto implica que, durante horas, non poden “dedicarse a outras actividades como comer, poer ovos ou aparearse con outros individuos”.

Nese senso, o responsable do grupo EcoEvo sinala que é posible que o illamento desta especie, a única da familia Synlestidae que pode atoparse en América, podera ter infludo neste comportamento. Non obstante, trtase dun grupo de libélulas, do que forman parte outras 32 especies que poden atoparse en África, Australia e China, do que “non se sabe nada”, o que leva ao investigador a sinalar a posibilidade de que outras libélulas desta familia “poidan tamén ter un comportamento similar”.

Os primeiros datos sobre unha especie ameazada

Recollida na lista vermella de especies ameazadas da IUCN (Unin Internacional para a Conservacin da Natureza), a Phylolestes ethelae é unha libélula que s pode atoparse nalgúns puntos da illa de Hispaniola e da que este estudo recolle os primeiros datos do seu comportamento. Como sinalan os seus autores, trtase dunha especie cunha longa esperanza de vida, de 20,6 das, na que os machos amosaron unha “alta fidelidade ao sitio”, podendo detectarse individuos que retornaban a un mesmo punto da tras da, pero que, súa vez non poderan describirse territoriais, posto que “raramente vanse envoltos en encontros agresivos”.

No referido ao seu comportamento reprodutivo, o estudo sinala que os machos agarraban s femias para o tndem precopulatorio sen cortexo previo, en calquera momento do da. Mais, se ben nalgúns dos casos o apareamento tia lugar poucos minutos despois, outros exemplares permanecan en tndem “durante varias horas”, chegando mesmo ao anoitecer, observndose tamén como as femias depositaban posteriormente os ovos en ausencia do macho.