Nunha iniciativa do grupo ComTecArt, baseada este curso no drama policial ‘Atrapada’
Estudantes de Comunicacin Audiovisual e Enxeara de Telecomunicacin desean un videoxogo inspirado nunha serie mexicana
Ao longo do cuadrimestre debern desenvolver a primeira fase do xogo
Co obxectivo de achegar o alumnado aos procesos de traballo na industria do videoxogo, o grupo de innovacin docente ComTecArt promove desde o ano 2017 unha experiencia na que estudantes da Facultade de Comunicacin e da Escola de Enxeara de Telecomunicacin traballan conxuntamente no deseo e desenvolvemento da primeira fase dun videoxogo, no marco da súa formacin en diferentes materias. Despois de que nas anteriores edicins esta iniciativa tivese como punto de partida diferentes obras de autores e autoras galegos, nesta ocasin o proxecto de videoxogo no que traballa o alumnado ten como punto de partida un captulo da serie mexicana Atrapada. Tratase dun drama policial que tivo entre os seus guionistas a Daniel Govantes, quen este mércores coeca por videoconferencia o concepto de xogo no que traballan os oito alumnos e alumnas que participan nesta actividade.
“Queramos experimentar cun produto de televisin”, sinala a profesora Beatriz Legerén respecto da proposta escollida para levar a cabo unha experiencia de innovacin docente na que traballan conxuntamente, en sesins semanais que se desenvolven de xeito virtual a través de Campus Remoto, estudantes dos graos en Comunicacin Audiovisual e en Enxeara de Tecnoloxas de Telecomunicacin. Coa idea de explorar as posiblidades dunha “narrativa transmedia” contouse coa participacin do guionista e profesor universitario Daniel Govantes, que forma parte do grupo de investigacin V-NTC (Videoxogos, Narrativa, Persuasin e Creatividade), que coordina esta profesora da Facultade de Comunicacin. “Especialista en narrativa e visual storytelling orientado a videoxogos”, destaca Legerén, Govantes cedeu para o proxecto a escaleta dun dos guins que realizou para Atrapada, unha serie protagonizada por unha muller nova que se converte en ladroa para recuperar súa familia. “Trtase dunha serie que non se emitiu en Espaa, polo que a idea era que lendo isto, extraesen material para facer un xogo”, explica Legerén.
Un xogo de sixilo e aventura
Tras semanas de traballo, o alumnado participante na iniciativa que, xunto a Legerén, levan a cabo os profesores Antonio Pena, Enrique Costa e Luis Fernndez, presentou nesta xornada a súa proposta de videoxogo a Govantes. Trtase, como explicaron, de Miau Light, “un xogo de sixilo e aventura”, que ten como protagonista unha nena “que se ve envolta nunha grande explosin causada polo enfrontamento entre dous carteis mexicanos”, tras a que se atopa nun “mundo escuro” no que vai sendo guiada “por un misterioso gato”.
O obxectivo deste encontro era coecer a visin de Govantes, que é tamén director dun mestrado de guin, respecto do proxecto que debern desenvolver ao longo do cuadrimestre. Anda que traballan nun único equipo, o alumnado de Comunicacin Audiovisual encargase “do guin do xogo e da xestin do proxecto”, como explica Legerén, mentres que o da EE de Telecomunicacin “céntrase na parte mis técnica”. O resultado final ser un primeiro nivel ou unha demo do xogo, que en decembro pesentarn tanto aos docentes responsables desta iniciativa como a profesionais da industria, as como a través da canle de Twitch de ComTecArt.
