DUVI

Diario da 鶹

Nunha xornada organizada pola 鶹 no centro de negocios de Zona Franca en Porto do Molle

Espallando a filosofa das competencias transversais entre as empresas da contorna

Tags
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Congresos e xornadas
  • Universidade e empresa
  • Աپ
Mª del Carmen Echevarra Figueroa DUVI 18/11/2021

O mercado laboral procura, cada vez mis, non s competencias profesionais e técnicas, adquiridas a través de formacin regulada e complementaria, senn tamén as denominadas competencias transversais ou “brandas”. Estas soft skills, que no caso dalgunhas persoas veen de serie, pero que que tamén se poden adestrar, agrúpanse en tres categoras: metodolxicas, cognitivas e sociais. “Entre as primeiras estn a xestin do tempo, resolucin de problemas ou toma de decisins. Entre as competencias cognitivas figuran o pensamento analtico, o analtico, o reflexivo e mailo creativo. E as competencias sociais son a comunicacin interpersoal, o traballo en equipo, a xestin de conflitos, a negociacin e o entendemento intercultural”, detalla o docente e investigador da Escola de Enxeara de Telecomunicacin Íigo Cuias. O que fora director da EET é o promotor da xornada As competencias transversais no mercado de traballo, que hoxe se desenvolveu no centro de negocios de Zona Franca Vigo en Porto do Molle e no que participaron como poentes as e os docentes da 鶹 Manuel Fernndez Iglesias, Edita de Lorenzo e Itziar Goicoechea, as como Eduardo Snchez, director do Departamento de Proxectos en Método Estudios Consultores SLU.

A orixe desta xornada, que esta ma foi inaugurada polo delegado do Estado na Zona Franca de Vigo, David Regades, cmpre buscala no proxecto Eramus+Unifors 2020 no que participa a 鶹 e no que cada socio debe difundilo sociedade. “No noso caso pensamos que un proxecto no que se desenvolven propostas para mellorar as competencias transversais dos nosos estudantes cara a súa incorporacin ao mercado laboral, tia que ser coecido polas empresas da contorna, e mis concretamente por aquelas que dependen nunha boa medida no talento dos seus empregados e nas capacidades dos mesmos para coordinar ese talento e orientalo ao éxito da compaa”, explica Cuias, que agradece a colaboracin de Zona Franca para contactar con firmas punteiras da contorna, posto que “a interaccin co tecido industrial semella capital para o coecemento e o aproveitamento dos traballos destes tres anos de proxecto”.

Competencias moito mis al do carcter das persoas

As competencias transversais son moito mis que simples caractersticas do carcter das persoas e segundo Cuias, “semella evidente que persoas con competencias transversais ben desenvolvidas son necesarias en todas as organizacins, facilitando o desenvolvemento das tarefas propias de calquera actividade profesional”. No caso do proxecto Erasmus+Unifors2020, elixronse as competencias mis demandadas por empresas e estudantes e aquelas nas que se detectan mis carencias na formacin (como resultado de enquisas en seis pases) e a partir de a, definiuse un programa formativo para adestralas. “E agora queramos presentar estes resultados a quen pode estar mis interesado neles”, explica o docente, que considera que as persoas con boas bases nestas competencias facilitan as relacins entre persoas nos centros de traballo, ademais de ser quen de pensar de xeito creativo, analtico, crtico e/ou reflexivo … “en definitiva son persoas que xeran dinmicas positivas nos seus equipos e na creacin de produtos e servizos mis eficientes”, asegura.