O centro forma parte do programa de gratuidade da Xunta de Galicia
A escola infantil do campus oferta 41 prazas para o vindeiro curso académico
As solicitudes poden presentarse ata o 23 de febreiro
A Escola Infantil Concepcin Saiz Otero do campus de Ourense ten aberto o prazo para solicitar unha das súas 41 prazas para o curso 2026-2027. As podern presentarse ata o da 23 de febreiro a través da sede electrnica da Âé¶¹¹û¶³. O centro forma parte do programa de gratuidade no primeiro ciclo de educacin infantil da Xunta de Galicia.
As 41 prazas convocadas distribúense segundo a idade do alumnado, ofertndose oito prazas para nenas e nenos de ata un ano; 13 para o tramo de un a dous anos e 20 prazas para os de dous a tres anos. Son requisitos imprescindibles para ser beneficiario ou beneficiaria dunha praza neste centro que a ou o menor estea nado no momento da presentacin da solicitude e que non tea cumpridos os tres anos de idade a 31 de decembro de 2026.
Criterios de adxudicacin
A adxudicacin de prazas farase seguindo, por orde, os seguintes criterios preferentes: nenas e nenos xa escolarizados no centro no curso 2025/26; fillas e fillos de persoal que presta servizo na propia escola infantil; menores con irms ou irmns con praza renovada; nenas e nenos cuxas persoas proxenitoras, ou unha delas no caso de familias monoparentais, xustifiquen unha situacin laboral de ocupacin; nacidos de parto múltiple; de familias numerosas/monoparentais; de familias cuxo domicilio ou centro de traballo estea mis prximo escola infantil; irms ou irmns de exalumnado do mesmo centro ou centro asociado e nenos e nenas con asistencia de xornada completa sobre media xornada. Estes criterios corresponden ao establecido na disposicin adicional primeira Orde de 2 de xullo de 2025 pola que se regulan as bases que rexern o procedemento de concesin de axudas a entidades privadas para o fomento da gratuidade da atencin educativa dos nenos e nenas da Comunidade Autnoma de Galicia en escolas infants 0-3 para o curso 2025/26.Ìý
O proceso de matrcula na escola infantil, as como a xestin do resto do servizo que comprende a prestacin da actividade, ser realizada pola empresa adxudicataria, baixo a supervisin da Âé¶¹¹û¶³. As persoas beneficiarias dunha praza na escola infantil do campus de Ourense debern formalizar a matrcula na devandita escola (na xornada solicitada) entre o 11 e o 17 de marzo de 2026. Coas persoas que, na adxudicacin inicial, non obtiveran unha praza, constituiranse tres listas de agarda, unha para cada tramo de idade. As prazas que con posterioridade primeira adxudicacin foran quedando vacantes sern ofertadas por rigorosa orde aos integrantes das citadas listas. No caso de quedar prazas vacantes con posterioridade adxudicacin prevista nesta convocatoria, ou que se produzan tras iniciarse o curso académico, poderanse solicitar en calquera momento do curso escolar, na escola infantil.
Inicio o 1 de setembro
Est previsto que o centro comece a súa actividade o vindeiro curso o 1 de setembro e funcionar durante once meses, de setembro a xullo, ambos includos. O horario ser de luns a venres, podendo escoller escolaridade completa, que é de 10.00 a 13.00 h e de 15.30 a 18.00 h; xornada de ma, de 08.00 a 15.00 h; media xornada de ma, de 09.00 a 13.00 h, ou media xornada de tarde, de 15.00 a 20.00 h. Ofrécese tamén a posibilidade de solicitar unha hora a maiores de acollida e/ou permanencia.
