DUVI

Diario da 鶹

Nunha xornada celebrada este luns no campus

Educacin e Traballo Social estreita relacins con alumnado do CIFP Portovello

Medio centenar de estudantes raballaron arredor do fomento da lectura na primeira infancia

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Cultura
  • Estudantado
  • Visitas
  • Institucional
DUVI Ourense 05/02/2024

Arredor de medio centenar de estudantes do Ciclo Superior de Educacin Infantil do CIFP Portovello achegronse este luns ao campus de Ourense para participar nunha xornada na Facultade de Educacin e Traballo Social na que traballaron arredor do fomento da lectura na infancia. A iniciativa d continuidade celebrada o pasado curso académico e enmrcase na colaboracin exitente entre os dous centros educativos, situados ambos na zona das Lagoas.

Crear hbitos lectores

A actividade, coordinada por Isabel Mocio, profesora e vicedecana da facultade, desenvolveuse en varias quendas na Aula de Recursos de Educacin Infantil e Primaria deste centro, un espazo aberto a colaboracins e iniciativas de pequeno formato para fomentar o dilogo e a transferencia entre a Universidade e entidades da contorna. O obxectivo da xornada foi “levar a cabo unha sesin de reflexin conxunta sobre recursos e novas materialidades para o fomento da lectura na educacin infantil” e facer “unha aproximacin a novas modos de ler e ao que implican hoxe en da”, tendo en conta como est evolucionando o libro e a lectura a tenor, fundamentalmente, da implantacin das novas tecnoloxas. A iniciativa buscou, tal e como comentou Isabel Mocio, traballar conxuntamente para avanzar cara “unha lectura que faga lectores na infancia e que asente hbitos lectores para o futuro” tendo en conta a contradicin de que “a pesar de que estamos nun momento no que hai mis xente que nunca lendo cada vez hai mis persoas que afirman que non lles gusta ler, vtimas dun sistema no que se asocia a lectura cun exercicio escolar mis”.  

Alén do contido abordado na sesin, que tivo un carcter fundamentalmente prctico e aplicado aproveitando os fondos dispoibles na aula, a actividade tamén tivo como segundo obxectivo abrir as portas do campus e da Facultade de Educacin e Traballo Social ao alumnado do Portovello. As, desde o centro universitario lembran que cada curso académico hai un fluxo “moi importante” de alumnado dese Ciclo Superior de Educacin Infantil que continúa estudos no Grao de Educacin Infantil do campus. A participacin en xornadas como as celebradas este luns, apuntou por último Isabel Mocio, permite ao estudantado participante achegarse a enfoques, metodoloxas e espazos de traballo deste grao e ter un coecemento mis achegado do que lles pode ofrecer para a súa formacin futura.