DUVI

Diario da 鶹

Segundo o último informe do Foro Econmico de Galicia

A economa galega experimenta unha desaceleracin

Porén mantén cifras positivas no contexto europeo

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Աپ
  • ʳܲԲ
  • Աپ
DUVI Ourense 01/04/2024

O Foro Econmico de Galicia, coordinado desde o campus de Ourense polo Grupo Governance and Economics Research Network (Gen), presentou este luns en Santiago de Compostela o seu . O documento foi elaborado polos economistas Patricio Snchez e Santiago Lago, ambos da 鶹; e José Francisco Armesto e Fernando Gonzlez Laxe, coordinador este último do traballo. Nel destacan que “en lia co conxunto dos pases da nosa contorna, a ralentizacin do ritmo de crecemento caracteriza a evolucin da economa galega. Porén, acredita taxas de variacin interanuais superiores s dos principais socios comerciais galegos, ags Portugal”. En concreto, detallan os autores do documento, a medra interanual sitúase no 1,8%, sete décimas inferior media espaola, e catro décimas con respecto UE.

Sectores e mercado de traballo

O crecemento do PIB real en Galicia, apuntan os economistas, caracterzase por unha achega positiva da demanda externa (dun punto fronte s oito décimas da demanda interna). Dende o punto de vista da oferta, Galicia presenta segundo o informe "unha importante desaceleracin do sector terciario, se ben mantense como o sector coa taxa de crecemento interanual mis elevada: 2,3%". Igualmente salientan o crecemento da industria manufactureira e da construcin, cunha medra do 1,7% e 0,8%, respectivamente, e o feito de que o sector primario presenta "unha contraccin anda que desta volta menos acusada" que na media espaola (-0,9% e -2%, respectivamente). “Un dos principais problemas da economa galega segue a ser a produtividade relativa do tecido produtivo galego en relacin á media de Espaa. A fenda mis ampla prodúcese na industria manufactureira”, afirman os economistas. Por contra, detallan, o sector da construcin presenta unha produtividade superior á media estatal.

O mercado de traballo galego presenta un balance positivo, segundo recolle o informe. Melloran as taxas de actividade e de emprego, reducndose tanto a taxa de desemprego como a taxa da temporalidade, "o cal adoita ser un indicador da mellora da calidade de emprego". Con todo, desde o Foro Econmico de Galicia sinalan que "estes datos teen que ser matizados novamente tendo en conta que Galicia mantense entre as comunidades autnomas con menores taxas de actividade e ocupacin". A poboacin ocupada medra un 2,3% (grazas poboacin estranxeira), seis décimas por riba do estimado en 2022, e os postos de traballo equivalente un 2%. Doutra banda, as afiliacins medran un 1,8% e as horas traballadas un 1,6% fronte ao 2,1% e 1,7% rexistrados no ano precedente. No perfil do emprego novo, no informe destacan as mulleres e os estranxeiros non comunitarios. "A meirande parte do emprego creado é emprego asalariado, diminundo, pola contra, o número de persoas empresarias empregadoras", afirman. Por último, todo o emprego creado é segundo o informe presentado indefinido, "salientando ao mesmo tempo o maior dinamismo do emprego a tempo parcial que a tempo completo". No que ao desemprego se refire, as taxas recollidas reflicten que afecta en maior medida s mulleres, persoas menores de 25 anos, estranxeiros e cidadns con estudos primarios.