DUVI

Diario da 鶹

A través de varios telescopios ubicados na terraza da biblioteca

O eclipse solar tamén foi seguido desde o campus

O acto foi organizado polos docentes do Obradoiro de Iniciacin Observacin Astronmica

Tags
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Cultura
  • Cultura
DUVI Ourense 10/06/2021

O eclipse de sol que se viviu esta ma, cando a lúa pasou frente ao sol tapando parte do seu disco, tamén foi seguido desde o campus de Ourense. Na terraza da Biblioteca Rosala de Castro, os docentes do Obradoiro de Iniciacin Observacin Astronmica que cada curso se organiza neste campus puxeron a disposicin das persoas interesadas varios telescopios cos que seguir a evolucin deste fenmeno. O fsico José Ramn Salgueiro, director deste obradoiro, e José Antonio Álvarez, presidente da Asociacin Astronmica de Ourense, foron os encargados de guiar a observacin, que comezou s 10.45 h (o eclipse comezou s 10.49 h) e se prolongou arredor dunha hora.

“Quixemos organizar esta pequena observacin porque anda que sexa un eclipse anular parcial, como é un fenmeno relativamente moi pouco frecuente, pois sempre ten interese”, comentou José Ramn Salgueiro. “Dadas as circunstancias favorables, nesta ocasin, en vez de facer a observacin en Taboadela ou no observatorio que hai aqu no campus, decidimos facelo nesta terraza aberta para que a xente tivese mis a man os telescopios e puidesen ver o eclipse”, engadiu José Antonio Álvarez. As, as persoas interesadas puideron observar a evolucin do fenmeno a través dun telescopio solar e dun telescopio convencional adaptado para a ocasin no que tamén se proxectaba a imaxe do eclipse. Neste senso, durante o desenvolvemento da actividade fxose fincapé na importancia de sempre observar o sol “en condicins de mxima seguridade para os ollos”.