DUVI

Diario da 鶹

Promovido pola Fundacin Atresmedia, recibiu mis de 800 candidaturas

Dous traballos da Facultade de Comunicacin, finalistas dun concurso sobre os perigos dixitais que afectan mocidade

Centrados na difusin de noticias falsas e a adiccin s redes sociais

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Estudantado
  • Institucional
DUVI Pontevedra 19/05/2025

Mis de 800 mozos e mozas presentronse neste 2025 cuarta edicin de , un concurso promovido pola Fundacin Atresmedia, coa colaboracin da Fundacin Telefnica, que ten como obxectivo impulsar un bo uso das redes sociais entre a mocidade e sensibilizala respecto dos “riscos dixitais” aos que enfronta no seu da a da. Aberto participacin de persoas de entre 16 e 25 anos, este certame propua abordar estas cuestins a través de vdeos de curta duracin, ideados para as redes sociais. De entre todas as propostas presentadas, a organizacin seleccionou dez vdeos finalistas, entre os que se atopan dous traballos realizados por estudantes da Facultade de Comunicacin, centrados nos perigos da difusin de noticias falsas e da adiccin s redes sociais. 

Raquel Dopazo e Enoc Fernndez, con Noticias que impactan, e Nuria Sabn e Vernica Sobral, con Life Wrapped, son as e o responsable destes dous vdeos finalistas, nacidos como traballos para unha materia do Grao en Publicidade e Relacins Públicas. A súa seleccin permtelles tomar parte nestas semanas nun curso virtual sobre producin e difusin de vdeos en redes sociais, previo a unha fase final na que debern tratar de converter en virais os seus vdeos.

Concienciacin ante situacins da vida diaria

Nesta cuarta edicin de Efecto Mil, propúase aos participantes a creacin de vdeos de ata un minuto de duracin que puxesen o foco en cuestins como “os perigos dos retos virais, o acoso nas redes sociais, o discurso do odio, as noticias falsas e a adiccin s redes sociais”, segundo sinalan desde a organizacin. Do mesmo xeito, os promotores deste certame convidaban ao uso desta iniciativa como exercicio académico, co fin de fomentar entre a mocidade unha “reflexin sobre a contorna meditica e dixital na que se atopan”. Nese senso, os vdeos do alumnado da 鶹 naceron como traballos para a materia Producin publicitaria na web e multimedia, que imparte Alberto Dafonte. 

“Ser finalistas é unha oportunidade moi boa, xa que temos a sorte de estar recibindo unha formacin por parte da Fundacin Atresmedia para axudarnos a impulsar a difusin do noso proxecto na prxima fase do concurso”, sinalan Dopazo e Fernndez. Estes dous estudantes lograron o pase final cun vdeo no que presentan unha serie de exemplos da vida coti, que van desde mirar a data de caducidade dos alimentos ata “comprobar se temos as chaves antes de sar”, para incidir en que se ben as persoas comproban moitas das accins que realizan no seu da a da, logo “compartimos o que vemos na rede sen pensalo”. O seu obxectivo era elaborar unha peza que convidase “a reflexionar sobre a importancia de “verificar as noticias antes de compartilas”, amosan que “unha noticia falsa pode ter tamén consecuencias reais”.

Sabn e Sobral optaron por centrarse “no que consideramos un dos riscos mis normalizados e menos cuestionados” pola mocidade, “a gran cantidade de tempo que investimos nas redes sociais, moitas veces sen ser conscientes” explican. A súa idea foi presentar este feito, desde a irona, como “un tipo de adiccin silenciosa, que se disfraza de entretemento”, inspirndose no formato de Spotify Wrapped, que ofrece un “resumo anual” da música mis escoitada por cada persoa usuaria. Deste xeito, no seu vdeo buscaron pr de relevo como “de media, pasamos 2257 horas ao ano en apps como Instagram ou TikTok”, para logo presentar unha serie de exemplos “cousas que poderamos ter feito” nese mesmo tempo. Nese senso, estas dúas alumnas recoecen como “un impulso moi motivador” ter sido seleccionadas finalistas por un traballo que busca “facer unha chamada reflexin e ao consumo consciente”.

O seguinte paso, viralizar os vdeos

Os autores e autoras dos vdeos finalistas participan nestas semanas no curso virtual ‘Jvenes creadores en ideacin, produccin y difusin en RRSS’, impartido por profesionais de Atresmedia, que abrangue mdulos sobre creatividade, guin, técnicas de mrketing, redes sociais ou ciberseguridade. O obxectivo desta formacin é tamén que poidan aplicar o aprendido e mellorar as súas pezas, xa que o 30 de maio dar comezo as seguinte fase de Efecto Mil. Nela, as e os finalistas “debern centrar os seus esforzos en viralizar os seus vdeos nas redes sociais escollidas, co obxectivo de alcanzar un maior número de persoas posible”, destacan desde a organizacin. Finalmente, un xurado integrado por profesionais menores de 25 anos do grupo Atresmedia e de Telefnica, e un xurado sénior, integrado por representantes das fundacins promotoras e profesionais, encargarase de elixir o vdeo gaador, cuxos autores obtern un pack tecnolxico valorado en 3000 euros, as como a peza merecedora do segundo premio.