DUVI

Diario da 鶹

Vicerreitora do campus e Concellera de Promocin Econmica promoven o ciclo ‘...Ten un tesouro’

Doce pelculas para afondar en como o cinema reflicte o significado da amizade

A actividade brese este venres co filme ‘Purasangre’

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Cine
  • Cultura
  • Cultura
DUVI Pontevedra 28/09/2022

Da fidelidade traizn, da felicidade dor, o papel que a idea de amizade xoga tanto nas relacins persoais como no propio comportamento e desenvolvemento do individuo constitúe un dos eixos temticos con maior presenza na historia do cinema. “Mostrar algúns dos itinerarios que o cine escolleu para ilustrar unha esfera relacional tan intensa” constitúe, como destaca o programador Suso Novs, o obxectivo central de ...Ten un tesouro, o ciclo de proxeccins que a Vicerreitora do campus pon en marcha neste primeiro cuadrimestre xunto coa Concellera de Promocin Econmica e Universidades, ao abeiro dun convenio de colaboracin. Doce proxeccins nas tardes dos venres, entre este 30 de setembro e o 13 de xaneiro, integran a programacin dunha actividade que busca achegar unha visin “o mis polisémica posible” de como o cinema reflectiu unha idea “que comporta desde a fidelidade extrema traizn, s amizades equvocas e aquelas que crecen en contextos nos que ninguén pensa que poderan medrar”, como lembra Novs.

“A amizade forma parte dos núcleos argumentais bsicos de moitsimas pelculas, anda que aparentemente non sexa as”, engade o coordinador dun ciclo conformado por unha escolma de filmes de diferentes épocas, tanto norteamericanos como europeos, e co que se pretende tamén amosar como esta temtica est presente "en todos os xéneros cinematogrficos". Con entrada libre ata completar aforo, as proxeccins tern lugar os venres s 19.00 horas na Casa das Camps e completaranse cun coloquio arredor do filme.

Do cinema negro francés animacin, pasando polo melodrama

A programacin arranca este venres 30 con Purasangre (1970), un filme de Cory Finley “que fala da amizade desde un punto de vista txico, vamprico”, e continúa o 7 de outubro con O confidente (1962), de Jean-Pierre Melville, “un dos clsicos do cinema negro francés e unha das pelculas que mellor revelan os conflitos unipersoais que pode supor a amizade”, sinala Novs. A semana seguinte poder verseThe Iron Giant (1999), un filme de animacin no que Brad Bird retrata “a relacin entre un neno cuns condicionantes persoais moi determinados e un xigante de ferro extraterrestre, nun mundo baixo a ameaza atmica”.

O 21 de outubro exhibirase Tres camaradas (1938), do director estadounidense Frank Borzage, “un dos grandes mestres do melodrama”, que neste caso afonda na idea da amizade nun contexto marcado pola guerra e crise econmica. Programada coa colaboracin do Instituto Francés do Cinema, outubro pecharase con L'Été l'éternité (2020), de Emilie Aussel, “que escollemos para mostrar o universo das relacins de amizade contemporneas entre adolescentes”.

Xa en novembro, a programacin continúa o venres 4 con Lawn Dogs (1997), de John Duigan, filme que, como explica Novs, permite achegarse a idea das relacins “entre dúas persoas marxinais nun contexto que non lles favorece". Á semana seguinte proxectarase Ghost world (2001), de Terry Zwigoff, un filme que, a través da amizade entre dúas mozas, “reflexa moi ben o universo das pequenas cidades norteamericanas”. O ciclo continúa o venres 18 coa longametraxe de Martin Scorsese Mean Streets (1973), “que ilustra moi ben como un personaxe, nun contexto totalmente inestable e marxinal, intenta manter o equilibro entre os sentimentos, o deber e as relacins persoais”. Finalmente, novembro péchase “cunha pelcula coral sobre as relacins de amizade e a incerteza ante o futuro que supn deixar o espazo no que medraches”, Beautiful Girls (1996), de Ted Demme.

A seguinte sesin, o 2 de decembro, propor un retrato das "relacins de amizade no panorama da alta sociedade americana” a través de As mulleres (1939), de George Cukor, para logo achegarse idea dos “universos privados que se crean entre nenos” da man da recreacin do clsico da literatura infantil O xardn segredo que realizou en 1993 pola cineasta polaca Agnieszka Holland. Xa en 2023, o ciclo pecharase o 13 de xaneiro con O camio de Cutter (1981), no que Ivan Passer pon o foco nas relacins de amizade “entre seres que estn na marxinalidade absoluta” dunha xeracin de estadounidenses marcada polos efectos da guerra de Vietnam.