DUVI

Diario da 鶹

A Facultade de Comunicacin acolleu unha xornada sobre o uso do galego na rede

Se desaparece o idioma, “desaparece a cultura galega”

O acto serviu tamén para presentar un boletn con contidos comunicativos nesta lingua

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Congresos e xornadas
  • Lingua Galega
  • é
DUVI Pontevedra 30/10/2024

“Se desaparece o galego, desaparece a cultura galega”. Deste xeito pua o foco a vicerreitora de Extensin Universitaria, Susana Reboreda, na importancia de impulsar iniciativas que contribúan o uso e difusin do idioma na apertura da xornada Comunica en galego, dirixida a dar visibilidade a medios de comunicacin, creadores de contido e iniciativas dixitais nesta lingua. Coordinada polo profesor da Facultade de Comunicacin Xosé Baamonde, esta actividade contou coas intervencins da coordinadora da revista Vinte, Vanesa Vzquez, o deseador web e emprendedor Anxo Snchez, o activista dixital Carlos Vieito e o reporteiro e editor de OU ké! Adrin Reis.

Despois de que o informe publicado nese mes de outubro polo Instituto Galego de Estatstica (IGE) sinalase un descenso do uso do galego entre a poboacin mis nova, esta xornada buscou “dar visibilidade xente que traballa a prol de galego” e que, subliou Baamonde, contribúe a que o idioma "estea moi vivo”. Nese senso, pese a que os datos publicados polo IGE son “preocupantes”, como recoeceu a vicerreitora de Extensin Universitaria, existen tamén “portas esperanza” como o “pulo que est a ter” no eido da cultura, sostivo. “O galego non hai que impoelo, o galego hai que sentilo”, defendeu Reboreda, quen recoeceu que se as cifras de diminucin do seu uso entre a xente mis nova “continúan”, o idioma “acabarase extinguindo” e con iso, subliou, “a cultura galega acbase”.

De a que outro dos propsitos da xornada fose animar os futuros e futuras profesionais que se forman na facultade a comunicar en galego, o que levou vicerreitora do campus, Eva Mara Lantarn, a lembrarlles “a importancia que teredes na difusin” do idioma. “É a nosa raz, a nosa identidade, polo que loitemos por el, porque é o noso pasado, parte do noso presente e tamén o noso futuro”, sostivo. Nesa mesma lia, a secretaria académica da facultade, Silvia Garca Mirn, salientou que, se ben os datos do IGE “son realmente alarmantes”, é preciso “non deixarnos arrastrar” e promover iniciativas que contribúan “no da a da a que o uso do galego se estenda”.

Con ese obxectivo, Reboreda e Baamonde presentaron neste encontro , unha newsletter promovida pola facultade coa colaboracin da Vicerreitora de Extensin Universitaria, que reúne un conxunto de "contidos en galego referidos ao mundo profesional da comunicacin”, como podcast, festivais de curtametraxes, webseries ou iniciativas publicitarias e de imaxe de marca.

Os “retos e oportunidades” do galego na rede

No primeiro relatorio da xornada a tamén redactora de Praza.gal Vanesa Vzquez presentou o proxecto de Vinte, “un medio pensado para a xente nova”, que busca “sarse do guin marcado e intentar dar sempre un enfoque distinto”, algo que, subliou esta egresada da facultade, “pdese facer en calquera lingua e ns apostamos polo galego”. Xurdido dun traballo de fin de grao nesta facultade, a traxecetoria de OU ké! foi abordada por Adrin Reis, que explicou como naceu en 2023 co foco posto nas eleccins municipais en Ourense e como logo “foi crecendo” dando lugar a varios programas. “Comunicar en galego non debera ser unha odisea, pero tampouco algo loable, senn algo natural", sinalou este fillogo, que incidiu na importancia de que o idioma tea unha serie de “espazos para ser recibida e transmitida”. 

Como explicou Baamonde, Comunica en galego buscou nesta edicin por tamén o foco noutro tipo de profesionais da esfera dixital, como Anxo Snchez, quen presentou ao alumnado unha “serie de retos e oportunidades para facer proxectos en galego en internet”, recoecendo a existencia de problemas en eidos como as ferramentas de busca, mais tamén dun “océano azul" de oportunidades, xa que no referido ao impulso de proxectos de mrketing dixital nesta lingua "est case todo por facer”. Impulsor de diferentes iniciativas a prol do uso do galego en redes sociais, Carlos Vieito presentou nestas xornadas unha serie de “experiencias nas que se lle d valor a outras linguas propias, a pesar de que economicamente non sexa o mis rendible”, as como algunhas das iniciativas que levou a cabo, co obxectivo de amosar o estudantado que “todo o mundo pode achegar o seu gran de area”.