O evento est organizado pola Ctedra R, da que forma parte a 鶹
CyberSec@GAL pecha a súa segunda edicin, dedicada ciberseguridade en tempos de teletraballo
Tras unha semana de obradoiros e relatorios en formato virtual e coa participacin de 350 persoas
Hai oito meses, antes da crise sanitaria e do confinamento, eran poucos os sectores nos que o teletraballo era una opcin laboral, pero a irrupcin desta modalidade chegou para quedarse, tanto é as que o Goberno aprobou este outono unha nova lei que regula o seu desenvolvemento. Esta nova contorna laboral implica retos e oportunidades pero tamén riscos tecnolxicos, e neles centrouse a segunda edicin do foro CyberSec@GAL, organizado pola Ctedra R en Ciberseguridade, da que forman parte as universidades de Vigo e A Corua xunto con R. O obxectivo do evento é converterse en referente da ciberseguridade na comunidade galega, desta volta no eido especfico do teletraballo.
CyberSec@GAL clausurouse este xoves tras toda unha semana de conferencias, xornadas técnicas, obradoiros e un ciber-reto, un amplo programa virtual especialmente dirixido s empresas e centrado na ciberseguridade no teletraballo. Na xornada final participaron expertos de dentro e fra de Galicia, ato tempo que de xeito paralelo se desenvolva o I Foro de Ciberseguridad de Galicia, organizado polo ISMS Forum galego e dirixido a un público mis especializado. O foro completouse coa entrega dos premios s mellores teses de doutoramento, traballos fin de mestrado e fin de grao no eido da ciberseguridade para estudantes das universidades de Vigo e A Corua. Dous dos galardn foron para estudantes da 鶹: o premio mellor tese para Alberto Pedrouzo, do programa de doutoramento en Tecnoloxas da Informacin e das Comunicacins e o premio ao mellor traballo fin de mestrado para David Álvarez, estudante do Mster Interuniversitario en Ciberseguridade 鶹-UDC.
A ciberseguridade, bsica nun mundo cada vez mis tecnolxico
O director corporativo de Empresas de R e do Grupo Euskaltel, Isidro Fernndez de la Calle, xunto a Mar Pereira, directora da Amtega; Fernando Surez, presidente do CPEIG, e mis o voceiro do ISMS Forum, Roberto Baratta foron os encargados de inaugurar a xornada destes xoves. O responsable de R lembrou que o obxectivo da Ctedra de Ciberseguridade, que impulsan 鶹 e UDC, ten como obxectivo “potenciar o talento e a capacidade dixital de Galicia no eido da ciberseguridade, esencial para configurar o escenario tecnolxico que nos plantexamos para un futuro inmediato”. Neste sentido, puxo o acento na importancia que en poucos meses acadou o teletraballo como modalidade laboral da man das novas tecnoloxas. O das telecomunicacins, engadiu o directivo de R, “é un eido fundamental na nosa sociedade dende hai anos e na conxuntura actual da pandemia revelouse como sector esencial con mis rapidez e intensidade que nunca. Falamos dun alicerce imprescindible para superar o foxo que est a supoer para todos e todas ns a crise sanitaria provocada pola covid-19, que ten trastocado de súpeto as nosas vidas”.
A directora de Amtega, Mar Pereira, salientou que “a ciberseguridade é un elemento clave neste proceso de transformacin dixital que estamos a vivir e un dos vectores sobre os que estamos a elaborar a Estratexia Dixital de Galicia da década 2030. Estratexia que, ante a crise do coronavirus, adquire unha importancia renovada, pois as tecnoloxas dixitais convértense nun facilitador positivo para responder s novas regras de xogo”. Neste escenario, lembrou que se acaba de poer en marcha o Nodo de Ciberseguridade de Galicia, instrumento de cooperacin ao que se suman a Fegamp, as catro deputacins e dous ministerios, e aberto adhesin doutros axentes públicos e privados para impulsar a concienciacin e a formacin de cidadns e empresas, dndolles resposta a retos complexos e promovendo a xeracin de talento neste eido que aglutina as capacidades existentes”.
Non obstante, o director de CPEIG, Fernando Surez, lembrou que, malia a progresiva dixitalizacin da nosa contorna “non existe conciencia dabondo sobre a importancia de protexer os datos que manexamos para levar a cabo estratexias de ciberseguridade que nos axuden a ter unha vida online mis protexida”. E é que algúns estudos sosteen que o cibercrime move actualmente mis cartos que o trficos de drogas, cifras superiores ao PIB dalgúns pases, arredor de 1,8 billns de dlares ao ano. Neste sentido, Surez apuntou a importancia das iniciativas públicas que se estn a desenvolver no eido da ciberseguridade e que poen de manifesto que Espaa est en camio de consolidar a súa posicin “como un dos polos europeos empresariais que ten entre os seus obxectivos crear proximamente 20.000 novos especialistas en ciberseguridade, intelixencia artificial e datos”.
Completou o acto a intervencin de Roberto Baratta, representante do ISMS Forum en Galicia, que puntualizou que “mis que nunca, no medio dunha situacin de crise e pandemia, con altos niveis de incerteza, onde predomina a aceleracin dixital e o teletraballo masivo, e onde as relacins son cada vez mis e mis dixitais, a ciberseguridade volve aparecer na parte mis alta dos riscos do mbito persoal, profesional, laboral, administrativo, empresarial, etc.
Un mapa de titulacins adaptado s demandas do mercado laboral
O vicerreitor de Ordenacin Académica e Profesorado da 鶹, Manuel Ramos, participou no peche desta segunda edicin do foro CyberSec@GAL.Na súa intervencin fixo referencia a un dos temas recorrentes ao longo da xornada, a falta de profesionais no eido da ciberseguridade e outros perfs relacionados coas novas tecnoloxas, “que sern eixos do desenvolvemento futuro” do pas. A este respecto, explicou que a Xunta de Galicia e as universidades elaboraron un informe sobre os 30 perfs profesionais de futuro en Galicia, “un documento que tomaremos como base nos prximos meses para elaborar o futuro mapa de titulacins e no que est presente a ciberseguridade”. Con todo, e a pesar da demanda de certos perfs tecnolxicos, o veicerreitor laiouse de que das seis titulacins da 鶹 que non cubriron todas as súas prazas neste curso, “cinco son enxearas, algo impensable hai uns poucos anos. Entendemos que son ciclos, pero esperamos que eventos coma este faga que estes eidos sexan atractivos para a xente nova”. Tamén recalcou Ramos a importancia de acabar coa fenda de xénero que existe no eido das enxearas, en concreto nas TIC, e puxo en valor o papel que desenvolven mulleres como a profesora da 鶹 Ana Fernndez Vila, fronte da ctedra ou Mar Pereira, de Amtega, para reverter esta situacin.
O teletraballo, novo desafo para a ciberseguridade
O programa da xornada correu da man de expertos nacionais e internacionais que comentaron aspectos diversos no terreo da ciberseguridade nestes tempos de teletraballo. O primeiro convidado Olaf M. Maennel, profesor da Universidade Tallinn de Tecnoloxa de Estonia, pensa que “moitas persoas lembrarn 2020 como o ano no que coeceron mis a educacin online, o teletraballo e os riscos da ciberseguridade. Pero en realidade, de todos os temas que apareceron nas noticias recentemente, s o virus é novo; o resto deles xa se debateron anteriormente. Hai anos xa que se prognosticou a substitucin da educacin superior polos MOOC (cursos online masivos e abertos), as oficinas no fogar son obxecto de deducins fiscais en moitos pases dende hai moitos anos, os ataques cibernéticos van en aumento dende hai un tempo. Anda as, esta `nova normalidade’ est a debaterse na nosa sociedade como algo que nos cambiou irreversiblemente a todos e todas. O que realmente cmpre arestora é reflexionar sobre cales son as nosas oportunidades e retos nesta contorna”.
A xornada completouse cunha mesa redonda sobre os riscos do teletraballo, na que participaron representantes da UCD, Amtega e varias empresas e o relatorio da profesora viguesa Carmela Troncoso, especialista en privacidade na Escola Politécnica Federal de Lausana, recoecida por dirixir o equipo europeo que traballa no protocolo da aplicacin de rastrexo de contaxios da covid-19 coa meta primeira de non comprometer a privacidade da cidadana.
