DUVI

Diario da 鶹

Baixo a direccin de Mara Luisa Snchez, directora da agrupacin do IES A Xunqueira I

O coro do campus inicia unha nova etapa

Aberto toda a cidadana, a inscricin pode realizarse ata o 9 de novembro

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Cultura
  • ú
  • Cultura
DUVI Pontevedra 30/10/2023

Fundadora do coro do IES A Xunqueira I, co que conseguiu varios premios nacionais e internacionais, e profesora de música neste instituto, Mara Luisa Snchez convértese este curso na nova directora do coro do campus de Pontevedra. Promovida pola Vicerreitora do campus coa colaboracin do Concello, trtase dunha actividade gratuta e aberta a toda a cidadana, que mantén aberta a súa inscricin ata o 9 de novembro. Como recolle a desta iniciativa, “co obxectivo de garantir un mnimo de calidade inicial”, o 14 de novembro, as 17.00 horas, ter lugar unha proba previa para os inscritos e inscritas, na Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte.

“Vaise facer unha pequena seleccin, simplemente para garantir un nivel mnimo” que permita o normal desenvolvemento dos ensaios, explica o director de rea adxunto Vicerreitora, Luis Torres, que incide en que se trata dunha actividade “aberta a toda a cidadana” e que a proba busca simplemente contar cunhas “condicins mnimas” de cara ao inicio dos ensaios. Inserida na aposta pola cultura, engade, como un dos piares do Campus Crea, o obxectivo que o coro se configure “como un punto de encontro interxeracional de toda a comunidade universitaria e da cidadana en xeral”. Creado no ano 2014, esta formacin estivo dirixida desde os seus inicios por Marco Lucato, profesor da Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte ata a súa xubilacin, de quen agora toma o relevo Snchez Gonzlez, licenciada en musicoloxa pola Universidad de Oviedo e titulada profesional en piano polo Conservatorio de Xixn, que en 2005 fundou o Coro do IES A Xunqueira I. 

De cara a este novo curso, sinala Torres, o propsito desta agrupacin é tratar novamente de conformar un repertorio “que se achegue tamén a novas tendencias musicais”, traballando con pezas de “diferentes épocas e estilos”, as como intentar que, ademais de participar nos diferentes actos da Universidade, a formacin poida tamén “sar rúa” e participar noutra serie de actuacins. As persoas interesadas poden inscribirse a través do correo electrnico vic.pon@uvigo.gal ata o 9 de novembro e despois da seleccin do 14 comunicarselles a data de inicio dos ensaios, que tern lugar nas tardes dos martes en Ciencias da Educacin e do Deporte.