DUVI

Diario da 鶹

A formacin ofreceu este mércores pola noite o seu concerto de Nadal

O coro do campus enche o Liceo cos seus “cantos no inverno”

Contou coa participacin de 35 voces

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Cultura
  • Cultura
DUVI Ourense 22/12/2022

O Liceo de Ourense acolleu este mércores pola noite o concerto de Nadal do coro universitario do campus de Ourense Schola Cantorum, que levou por ttulo Cantos no inverno alumean con fulgor. Numeroso público, tanto membros da comunidade universitaria, como Elena Rivo, vicerreitora do campus, como persoas alleas a ela, asistiron a esta actuacin, que foi o “colofn” actividade desenvolvida pola formacin coral durante este primeiro trimestre.

Para o concerto, a directora da formacin, Ruth Gonzlez, escoulleu un repertorio variado, con obras que foron estreadas para a ocasin e outras pezas xa feitas noutros concertos deste curso académico. O programa estivo dividido en cantos sacros ou espirituais, cantos do mundo, cantos galegos e cantos do Nadal, abranguendo en total 12 pezas e podendo escoitares desde Adoramus te, de Jerry Estes; a cancin tradicional zulú Ukuthula e a panxolia galega Da rosa rosia ata cancins moi actuais como Shallow, de Lady Gaga, e Terra, de Tanxugueiras.

Na actuacin, de balde e aberta s persoas interesadas, participaron “35 voces do coro ourensn, acompaadas polos mellores músicos que temos o pracer de ter ao noso carn: Alejandro Frvida Méndez ao piano, Noel de Dios Flores na percusin, Chasua Gonzlez Losada na pandeireta, Vctor Guede Garrido na guitarra e Vctor Fernndez, encargado da gravacin en vdeo”.