DUVI

Diario da 鶹

A actividade celébrase este luns e martes na Facultade de Relacins Internacionais

O consentimento, a violencia sexual e o pracer das mulleres centran unhas xornadas no campus

O seu obxectivo é promover a reflexin crtica sobre estes temas

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Congresos e xornadas
  • Igualdade
  • é
DUVI Ourense 27/10/2025

A Facultade de Relacins Internacionais do campus de Ourense celebra este luns e martes as xornadas Violencia sexual e consentimento. O pracer das mulleres importa, organizadas co apoio da Unidade de Igualdade da 鶹. A actividade quere, a través diferentes conferencias de especialistas neste eido, incrementar o coecemento sobre “as estruturas patriarcais que posibilitan e perpetúan a violencia sexual exercida contra as nenas e mulleres”; promover o coecemento da lexislacin vixente sobre o consentimento sexual e o seu rol na perpetuacin desta violencia e estimular a reflexin critica sobre o tema do consentimento sexual e a necesidade de contemplar o desexo das mozas e mulleres.

Na apertura participaron Mara Lameiras, coordinadora da actividade, enlace de igualdade da Facultade de Relacins Internacionais e catedrtica da 鶹 experta en temas de xénero; Yolanda Rodrguez, directora da Unidade de Igualdade da 鶹, e Laura Carballo, decana da Facultade de Relacins Internacionais. Nas súas intervencins salientouse a importancia de, con iniciativas coma estas xornadas, pr o foco nunha problemtica significativa da sociedade actual como é as violencias sexuais contra nenas e mulleres e traballar aspectos como o do consentimento. Igualmente salientouse a necesidade de avanzar na reivindicacin de espazos libres de violencia para mulleres e nenas, algo, que, subliouse, beneficiara a toda a sociedade e non s a elas. 

Tras a inauguracin, Teresa Peramato, fiscal de sala, xefa da seccin penal da fiscala do Tribunal Supremo e fiscal de sala delegada para a tutela e proteccin das vtimas de delito, falou sobre a Lei Orgnica 10/2022, o consentimento e a súa aplicacin polos tribunais. Xa pola tarde haber unha sesin na que os protagonistas sern o documental Sers hombre (2018) e a súa directora, guionista e produtora Isabel de Ocampo. O martes, a programacin arrancar cunha conferencia sobre Consentimento e desexo sexual: o pracer das mulleres importa, a cargo de Mara Lameiras, e continuar con outra da profesora da UNED Ana de Miguel, titulada Inxustiza epistémica e violencia sexual: sobre o valor da palabra das mulleres. Ás xornadas asistente alumnado das facultades de Relacins Internacionais e tamén de Educacin e Traballo Social.