DUVI

Diario da 鶹

congreso saramago

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Congresos e xornadas
  • Աپ
D. Besado DUVI 26/10/2022

O pobo galego sempre se sentiu parte do universo que o escritor portugués José Saramago foi tecendo ao longo das súas obras e hoxe, cando est a piques de celebrarse o centenario do seu nacemento, a 鶹 inaugurou un encontro internacional que durante catro das converter esta cidade en centro neurlxico de estudo e debate sobre a herdanza filosfica e sociopoltica do premio Nobel. Participan no encontro 61 especialistas de mis de 40 universidades e 18 pases e, xunto a presentacin de relatorios, mesas redondas e debates, a , trae tamén consigo unha intensa axenda de actividades culturais e artsticas.

A inauguracin do encontro tivo lugar no Centro de visitantes do Parque Nacional Illas Atlnticas de Galicia e nela o responsable do comité organizador, o profesor Burghard Baltrusch, director da I Ctedra Internacional José Saramago, estivo acompaado pola presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez; a vicerreitora de Extensin Universitaria, Susana Reboreda; a delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernndez Tapias; a coordinadora do portugués como lingua estranxeira en Espaa e Andorra, Filipa Soares, e Nuno Lopes da Fundação Eng.º Antnio de Almeida, unha das primeiras entidades en apoiar e asociarse ctedra.

Celebrando a memoria e o legado do Nobel portugués

“Este encontro danos a posibilidade de confrontar a obra e o legado de José Saramago cos grandes temas que ocupan o pensamento contemporneo”, explicou a responsable do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, quen agradeceu 鶹 o feito de ter creado esta ctedra e, ao seu abeiro, ir organizando diferentes actividades coas que, amosar de xeito claro a actualidade do pensamento deste autor. “Xosé Saramago nunca nos deixou indiferentes, nin como intelectuais e académicos, nin a ns como galegos”, salientou Álvarez, facendo as fincapé na gran proximidade do escritor portugués co pobo galego, que sempre o acolleu con “admiracin e simpata”.

Ao respecto do acerto da creacin da Ctedra José Saramago pronunciouse tamén a vicerreitora de Extensin Universitaria, Susana Reboreda, quen fixo referencia a que “esta entidade leva algo mis de sete anos cumprindo dun xeito exemplar cos seus obxectivos de estudo, preservacin e difusin da extensa e magnfica obra do Nobel portugués, sen esquecer tamén outros aspectos relacionados coa súa figura”.

En relacin importancia desta cita para a difusin da lingua e cultura portuguesa a nivel internacional pronunciouse Filipa Soares, quen ser referiu ao programa do encontro como “ambicioso e moi interdisciplinar”, algo non que coincidiu con Nuno Lopes e Marta Fernndez Tapias, que exerceu como anfitrioa. “Para ns era unha obriga lembrar a herdanza que nos deixaron as súas achegas”, salientou a responsable da Xunta en Vigo.

Anlise da actualidade baixo a ptica de Saramago

O presidente da ctedra e responsable do comité organizador, Burghard Baltrusch, foi o encargado de debullar os detalles do programa. Segundo a súa opinin,  “a herdanza filosfica e sociopoltica de José de Saramago é un tema que se adapta perfectamente actualidade, unha actualidade que require que se empregue o pensamento crtico sobre a historia, a filosofa e a poltica do noso autor, quedando a cuestin literaria nun segundo plano”.

 Tal e como explicou Baltrusch, como  primeiro eixe temtico, o congreso explorar a fonda relevancia contempornea do legado filosfico deixado por José Saramago, inclundo cuestins relacionadas cos animais, a empata e o antropomorfismo. Completan este eixe, entre outros, os obxectivos sociopolticos da rede JANGADA de ctedras, institutos e asociacins, a partir dos principios ético-morais consagrados na Carta Universal dos Deberes e Obrigacins dos Seres Humanos. Inspirada no discurso que Saramago pronunciou o da 10 de decembro de 1998 en Estocolmo, cando recibiu o Premio Nobel de Literatura, foi elaborada na Universidade Nacional Autnoma de México (UNAM), por unha comisin de especialistas internacionais e sometida ONU en 2018. Deste xeito, esta Carta e o debate internacional sobre os seus temas constituirn o segundo eixe temtico deste congreso. “Un cuarto eixe temtico estar dedicado s reflexins sobre a situacin actual e o futuro da cultura e lingua galegas, a partir dos vieiros e reivindicacins que nos ofrece o pensamento saramaguiano”, engadiu Baltrusch.

Exposicin na sede de Afundacin Vigo e ciclo de cine no Marco

Se hoxe foi a inauguracin formal do congreso, as diferentes actividades culturais organizadas en torno ao congreso arrancaron xa a semana pasada coa inauguracin da exposicin Graça Morais e José Saramago. A arte de pensar O Ano de 1993, na sede Afundacin Vigo e ata onde ma xoves –s 18.30- se desprazar a propia pintora portuguesa para realizar unha visita guiada. A maiores, onte pola tarde arrancou no Museo de Arte Contemporneo o ciclo de cine O surrealismo no cine de Saramago. Proxectaranse en total tres longametraxes, un documental e sete curtametraxes de varios realizadores de diferentes nacionalidades, inspirados na obra e na vida do Nobel portugués.

O ciclo arrancou coa proxeccin da pelcula Enemy (2013), dirixida polo cineasta franco-canadiense Denis Villeneuve e ganadora de cinco premios, entre eles o de mellor director, nos Canadian Screen Awards. Trtase dunha adaptacin cinematogrfica da novela homnima de Saramago e, entre outros intérpretes, coa coa participacin de figuras tan coecidas como Jake Gyllenhaal, Mélanie Laurent, Sarah Gadon e Isabella Rossellini. Para conversar sobre o filme contouse coa presenza do guionista e crtico de cine Javier Trigales.

O ciclo prolongarase ao longo dos sbados de outubro e novembro s 19.30 horas. Este sbado, da 29, a cita ser coa pelcula Embargo de 2010 do director portugués Antnio Ferreira, quen se achegar ata o Marco para comentar a pelcula xunto coa produtora Tathiani Sacilotto. O 5 de novembro o ciclo amosar a pelcula mis ntima e persoal, o documental José y Pilar de 2010, do director portugués Miguel Gonçalves, que se engargar de comentar o director de Galaxia Francisco Castro. 

A sesin do 12 de novembro estar dedicada s curtametraxes e o ciclo pecharase o da 19 coa proxeccin de Blindness (A cegas), 2008, a premiada pelcula do brasileiro Fernando Meirelles.

Instalacins, recitais, performances...

No relativo s actividades culturais, o programa do congreso inclúe tamén unha instalacin artstica do portuense Miguel Janurio, no Camões hoxe mércores pola tarde –s 18.15 h-; unha performance da poeta galega Silvia Penas –ma xoves s 18.30 na sede de Afundacin- e un recital de poesa de Patricia Lino –no Camões o venres s 18.15 h.