DUVI

Diario da 鶹

Desenvolverase de xeito virtual os das 22 e 29 de abril e o 6 de maio

O Congreso Internacional de Mediacin Lectora pon o foco no papel da literatura durante a pandemia

Promovido pola Universidade e o Concello dentro das actividades do Saln do Libro 

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Cultura
  • ʳܲԲ
  • TIC
  • Աپ
DUVI Pontevedra 09/04/2021

A covid-19 obrigou o pasado ano a suspender o , un evento promovido pola 鶹 e o Concello de Pontevedra no marco do Saln do Libro Infantil e Xuvenil e centrado nese labor de “ponte” que diferentes axentes establecen “entre o libro e a infancia e a mocidade”, como salienta a súa coordinadora, a profesora da Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte Eulalia Agrelo. A pandemia, engadiu a tamén directora da Área de Dinamizacin Cultural, Educativa e Integracin do campus, “viu a modificar os nosos modos de relacionarnos”, pero tamén “os nosos hbitos lectores”, pasando a lectura a ocupar “un espazo central” neste perodo, no que foi “compaeira, axudounos a encontrar acubillo e puxo ao noso dispor lias que nos permitisen reflexionar e encontrar lias de salvacin, un estmulo para seguir camiando”. Partindo destas ideas, este congreso internacional desenvolver a súa terceira edicin os das 22 e 29 de abril e 6 de maio de xeito virtual, baixo o ttulo de Emerxencia literaria: ler en tempos de pandemia.

O vicerreitor do campus, Jorge Soto, e a concelleira de Cultura, Carme Fouces, presentaron este venres xunto a Agrelo o programa da terceira edicin deste evento, que se desenvolver a través do Campus Remoto da 鶹, contando coa participacin de escritores como Jordi Sierra i Fabra e Mar Benegas e de profesionais da ilustracin, as novas tecnoloxas ou a educacin. “Tras non poder realizarse a edicin de 2020, Concello e Vicerreitora decidiron unir forzas para buscar as vas e os medios necesarios para poder levar a cabo este congreso”, apuntou Soto, que destacou as capacidades de iniciacin ou transformacin que implica a lectura como “elementos absolutamente necesarios para afrontar momentos tan desacougantes como os actuais”.

Organizado polo Concello, a Vicerreitora, a Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte, a Rede Temtica de Աپ Lijmi (Literaturas Infantiles y Juveniles en el Marco Ibérico e Iberoamericano) e o Instituto de Ciencias da Educacin da Universidade de Santiago de Compostela, o congreso conta tamén co “apoio de persoal investigador de diferentes universidades nacionais e internacionais” no seu comité cientfico, como salientou Soto. Aberto a un mximo de 150 asistentes, a inscricin permanece aberta na , evento que constitúe, engadiu Fouces, “o espazo literario probablemente mis grande de Galicia” e que deu forma un “ecosistema” arredor do libro, “no que tia que medrar un congreso”. 

Literatura que sanda e que afronta temas tabú

Como espertar na infancia e na mocidade “o gusto pola lectura” constitúe, como lembrou Agrelo, o eixo central deste congreso, no que se presentarn diferentes experiencias sobre “como acompaarlles na adquisicin deses hbitos lectores”, pero que busca tamén abordar “todo o ciclo de producin arredor da literatura infantil e xuvenil” e visualizala como “un elemento central no panorama cultural”. 

O evento arrancar o vindeiro xoves 22 cunha xornada moderada pola escritora Tamara Andrés que abrir o educador Jaume Centelles cun relatorio no que “daranos certas claves sobre como aproveitar as potencialidades terapéuticas da lectura”, salientou a coordinadora do congreso. Nesta primeira xornada, a escritora e contacontos Charo Pita centrarasé na “lectura en voz alta, a primeira que capta a atencin do potencial lector”, mentres que os responsables do Museo do Videoxogo Galo Martnez e Luz Castro incidirn en “como a lectura e a creatividade estn tamén presentes nos videoxogos”. Por último, o escritor Fran Alonso, achegar ao evento “unhas lias sobre como transmitir o gusto pola poesa infancia e xuventude”. 

Unha semana despois, a escritora Mar Benegas, realizar unha aproximacin a obras “que abordan temticas tan difciles como pode ser a morte” que, como explicou Agrelo, resultan difciles de tratar cos mis novos, tanto nas aulas como nos propios fogares. Tamén o xoves 29, o congreso abordar como a escritura e as imaxes “se conectan e retroalimentan” no relatorio da ilustradora Luz Beloso e coecer os proxectos de humor que difunde a través da rede 𳾲ٴdzپ, pechando a xornada o escritor Freddy Gonçalves, que proporcionar unha serie de claves para “que a mocidade non perda eses hbitos lectores interiorizados nos primeiros anos”.  

A lectura tamén é solidariedade

O xoves 6 de maio, o congreso contar coa participacin do Premio Nacional de literatura infantil e xuvenil Jordi Sierra i Fabra, que afondar tanto no seu traballo como escritor como no labor que desenvolve a súa fundacin. Trala súa conferencia, o evento deterase en tres experiencias que amosan, como sinalou Agrelo, que “a lectura non é s un medio de formacin, senn tamén de solidariedade”. Concretamente, buscar dar a coecer a iniciativa Libros que unen, da comunidade educativa Alpartir de Zaragoza, dirixida a “facer chegar a lectura aos fogares necesitados”; o proxecto Bubisher, que se leva a cabo no Sahara; e o labor de promocin da lectura que realiza en Colombia Diego Alejandro Ruiz. Por último, o congreso contar na súa clausura coa participacin de Luz Gallego, responsable da librara Seijas, especializada en literatura infantil e xuvenil.