Da man de Juan Manuel de Faramin, un dos maiores expertos espaois nesta materia
A comunidade universitaria ponse ao da en ‘dereito ultraterrestre’ e diplomacia espacial
A charla, organizada desde a Área de Dereito Público Internacional, foi retransmitida a través de UV
Dereito ultraterrestre, diplomacia espacial, Axenda Espazo 2030... estas foron algunhas das cuestins sobre as que xirou a conferencia que este venres impartiu Juan Manuel de Faramin Gilbert, un dos maiores expertos espaois nesta materia, ao alumnado das facultades de Ciencias Xurdicas e do Traballo e Dereito e que foi retransmitida a través de 鶹Tv, dado o interese destas cuestins para a comunidade universitaria en xeral. Presentouno a Belén Snchez Ramos e moderou o debate posterior Laura Movilla, profesoras ambas da Área de Dereito Internacional Público e Relacins Internacionais.
Catedrtico emérito da Universidad de Jaén; director emérito das Redes de Universidades Latinoamericanas e do Caribe sobre Polticas, Tecnoloxa, Ciencia e Dereito do Espazo Ultraterrestre (ReLaCa Espacio) e rbitro da Corte Permanente de Arbitraje de La Haya en materias de espazo ultraterrestre, de Faramin Gilbert fixo fincapé na súa intervencin en que a da de hoxe a diplomacia espacial vaise desenvolver, sobre todo, no seo do COPUOS, a Comisin sobre a Utilizacin do Espazo Ultraterrestre con Fins Pacficos, posta en marcha en 1959 como un rgano subsidiario da Asemblea Xeral da Organizacin das Nacins Unidas. “Este organismo segue sendo o centro da gobernanza mundial das actividades no espazo ultraterrestre”, salientou o experto, quen forma parte deste rgano como representante asesor do goberno espaol, ao tempo que loou a ampla variedade de membros que compoen as súas comisins, “algo fundamental para o intercambio de experiencias e para xerar entre todos unha maior sinerxa”.
A Axenda Espazo 2030 “vai marcar un cambio importante”
Con respecto Axenda Espazo 2030 o experto salientou que é evidente que “vai marcar un cambio importante nas actividades espaciais e xerar un novo prototipo de gobernanza”, pois este documento pon de relevo a importancia dos elementos de cooperacin rexional e interrexional en todas as actividades espaciais. Nesta lia, lembrou como no marco desta axenda tamén se formulan preocupacins intrinsecamente relacionadas cos riscos que xeran as actividades espaciais e búscanse solucins equitativas que vaian en beneficio e interese da humanidade no seu conxunto..
Na súa intervencin non se esqueceu tampouco de mencionar a denominada brecha espacial, moi semellante coecida brecha tecnolxica, e que divide aos pases entre aqueles que desenvolven tecnoloxa punta e os que non o fan. A isto agregoulle ademais que son xa moitas as empresas particulares que, “con todo o dereito do mundo”, teen xa maior tecnoloxa que os propios estados, con quen colaboran, e isto ser “un tema que haber que revisar”.
Vertebrada en catro eixes “estratéxicos e transversais”
Respecto estrutura da axenda, o xurista explicou que o documento se vertebra en catro eixes “estratéxicos e transversais”. O primeiro deste eixes é a denominada economa espacial, que busca o desenvolvemento de beneficios econmicos derivados do espazo; o segundo, a sociedade espacial, que procura a promocin de beneficios de carcter social provenientes das actividades do espazo, “buscando resultados prcticos ao servizo da saúde mundial”; en terceiro, a accesibilidade espacial, o acceso do espazo a todos os estados, xa sexan desenvoltos ou anda en vas de desenvolvemento, “sen discriminacins econmicas ou tecnolxicas” e, en cuarto lugar, a diplomacia espacial, que, ao seu xuzo, non sera outra cousa que o fomento da creacin de alianzas entre os estados de gobernanza global e o fortalecemento da cooperacin internacional.
Firme defensor de que o espazo ten que ser motor do desenvolvemento sostible
Firme defensor de que o espazo ten que ser motor do desenvolvemento sostible, o experto avogou porque o obxectivo debe ser implicar nesta cuestin ao maior número posible de estados, “sexan ou non pases desenvoltos, xa que o mis importante é conseguir unha alianza espacial mundial polo desenvolvemento sostible”. Neste senso, defendeu a necesidade de crear unha organizacin ou alta autoridade encargada dos asuntos espaciais, “outra guerra sobre a que tamén haber que traballar moito”. Neste sentido tamén fixo referencia a que o libre acceso ao espazo implica unha dobre vertente: por unha banda, o acceso fsico ao espazo, “que non est ao alcance de todos os estados” e, da outra, o acceso aos datos que al se obteen.
No marco da diplomacia espacial o relator salientou que se est a implementar un novo campo de accin, facendo referencia as non s ao reforzamento dos mecanismos existentes, senn tamén creacin de outros novos no mbito da cooperacin internacional. Neste senso, chamou a atencin sobre a necesidade de que este modelo se rexa polas normas e os tratados vixentes do Dereito Internacional Público e tea sempre como obxectivo facer fronte aos desafos comúns da humanidade, “creando alianzas construtivas baseadas no coecemento”. Entre estes desafos comúns da humanidade, de Faramin situou propia pandemia provocada pola covid, “pero virn outros nos que os humanos deberemos estar mis unidos que nunca”.
