A cargo do Grupo de Estudos de Arqueoloxa, Antigüidade e Territorio (GEAAT)
Comeza unha nova intervencin arqueolxica en Armea
Levarase a cabo en dúas quendas desde o 15 de xullo ata o 9 de agosto
O Grupo de Estudos de Arqueoloxa, Antigüidade e Territorio (GEAAT) da 鶹 volve un vern mis escavar na 'cibd' romana de Armea, na parroquia ourens de Santa Maria de Augas Santas (Allariz). A campaa deste ano, a número 13, arrancou este luns e prolongarase ata o da 9 de agosto, contando con participacin de persoal investigador da 鶹 e alumnado en prcticas procedente de diferentes universidades peninsulares.
Como cada ano, a iniciativa é froito dun convenio de colaboracin existente entre a institucin académica e o Concello de Allariz e conta co apoio da Direccin Xeral de Patrimonio Cultural da Consellara de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Deputacin de Ourense. O director do proxecto arqueolxico de Armea continúa sendo Adolfo Fernndez e a directora de campo Alba Rodrguez, completando o equipo da intervencin outros membros do GEAAT. Arredor de 16 persoas participan cada da nos traballos de campo no xacemento.
Esta ser a campaa número 13 deste proxecto arqueolxico, un dos que ten unha mis ampla traxectoria na arqueoloxa galega. O Grupo de Estudos de Arqueoloxa, Antigüidade e Territorio, con sede no campus de Ourense, leva desde o ano 2011 estudando este enclave, que destaca polo seu grao de conservacin e o feito de estar nunha contorna rural, cunha campaa arqueolxica cada vern. É ademais, un referente para o alumnado peninsular que cada ano busca realizar prcticas no eido arqueolxico, presentndose este ano 150 solicitudes de estudantes de numerosas universidades de Espaa e Portugal.
Tres lias principais de traballo
As intervencins anuais realizadas apuntan a que Armea foi “unha auténtica cidade romana”, ocupada arredor do século I despois de Cristo e abandonada no III, que supora despois da cidade de Lugo o principal tecido urbano de época romana de Galicia. Tres son as reas de intervencin que centrarn a campaa 2024 neste enclave. A primeira é a coecida como domus (casa) leste ou dos pinculos, na que o equipo da 鶹 busca exhumar novas estancias que rodean o atrio que se escavou nas campaas pasadas. “Seguiremos traballando nesta domus coa esperanza de documentar novas estancias, estratigrafas e material”, explica o equipo da 鶹 pondo en valor a “gran potencialidade” desta domus.
Un segundo foco de intervencin desta campaa é o exterior leste da coecida como domus norte ou do hexscele, onde en 2023 o GEAAT recuperou niveis das ocupacins antigas da coecida como finca da atalaia do xacemento, concretamente da Idade do Ferro. “Este vern queremos avanzar na recuperacin destes niveis mis antigos, que nos poden falar da ocupacin desta finca desde a época romana ata a Idade do Ferro documentada na pasada campaa”, comentan os responsables da intervencin.
Por último, est prevista a realizacin dunha nova sondaxe na zona coecida como alto dos pendns, onde xa est confirmada a existencia de restos arqueolxicos. Na anterior campaa o GEAAT realizou dúas sondaxes neste enclave e a idea este ano é realizar unha terceira para documentar se hai estruturas arqueolxicas nunha terraza intermedia do alto. Estas tres lias de traballo complementaranse coas tarefas de restauro e conservacin unha vez rematada a intervencin e as de divulgacin e difusin. A intervencin arrancou esta semana coa limpeza superficial das zonas de interese e quitando derrubes, aparecendo xa nestes primeiros traballos unha roseta pétrea, elemento decorativo das paredes das domus ou casas romanas.
