A Facultade de Filoloxa e Traducin acolle por terceiro ano consecutivo este encontro
Cita en Vigo das novas e novos talentos da investigacin sobre estudos e cultura popular en lingua inglesa
O programa, que se prolongar ata ma xoves, inclúe 16 charlas e dúas conferencias plenarias
Medio cento de investigadoras e investigadores mozos chegados de diferentes puntos da xeografa nacional e do vecio Instituto Politécnico de Porto participan esta semana na Facultade de Filoloxa e Traducin nun seminario no que se presentarn en torno a unha vintena de traballos sobre estudos culturais e cultura popular en lingua inglesa. A cita arrancou este mércores e prolongarase ata ma xoves. Sern en total 18 presentacins, 16 relatorios e dúas conferencias plenarias, tal e como explicaron as organizadoras, un equipo composto por catro investigadoras do Departamento de Filoloxa Inglesa, Francesa e Alem: Mar Nieves, Mara Platas, Adriana Taboada e Celia Veiga.
A actividade, que se celebra en Vigo por terceiro ano consecutivo, est dirixida ao estudantado de grao, mestrado e doutoramento que desexa compartir o seu traballo de investigacin sobre diversas manifestacins artsticas de carcter popular e en lingua inglesa. “Queremos facilitarlle s persoas que estn comezando un espazo no que presentar o seu traballo”, explicou Adriana Taboada na apertura do seminario, intre no que estivo acompaada polo profesora Ana Bringas, secretaria do Departamento, que foi a encargada de darlles a benvida aos participantes no seminario, titulado, nesta ocasin, Cultural Studies Remastered: Analysing Popular Culture Manifestations in English.
“O noso obxectivo é que as persoas participantes tean a oportunidade de coecer como funcionan os eventos académicos: envo de propostas e caractersticas dos resumos, proceso de inscricins, presentacin do traballo, etc., e tamén que sintan que o traballo que estn levando a cabo -ben para un TFG, unha tese, ou para un artigo- é vlido, e que teen moito co que contribur ao campo”, explicaron as organizadoras. O feito de recibiren feedback doutros relatores e de profesorado experto nestes eidos axudaralles tamén, tal e como se explicou durante a presentacin, a progresar nas súas respectivas investigacins, poendo en prctica todas as ferramentas de anlise que aprenderon durante a carreira/mestrado ou etapa de tese.
Partindo de pelculas, videoxogos, series...
Con contidos tan variados como traballos se presentan, as persoas participantes teen neste encontro a oportunidade de escoitar comunicacins sobre sobre a necesidade de recuperar as voces femininas nos mitos antigos a través da obra de ficcin Love in Colour. Tamén tern a oportunidade de saber mis sobre ttulos tan coecidos como Arcane e como nela se ven representadas distintas discapacidades, ou a pelcula La Sustancia, estreada hai uns poucos meses, que ser analizada desde dúas perspectivas, ambas con especial atencin ao elemento crtico do filme: o “body horror”. Cntase tamén con dúas charlas dedicadas anlise de videoxogos como son Fallout e The Last of Us Part II, e outra que estuda como se ve representado o lesbianismo no musical Wicked, na recente pelcula co mesmo ttulo dirixida por Jon M. Chu e na obra orixinal escrita por Winnie Holzman.
Conferencias a cargo de Belén Martn Lucas e Sara Tabuyo Santaclara
Ademais dos paneis, o público poder escoitar dúas conferencias plenarias. A primeira, hoxe mércores, impartida pola profesora da 鶹 Belén Martn Lucas, experta nos estudos culturais, que falou da importancia que ten o pelo na conformacin da identidade individual e cultural en distintos contextos xeogrficos desde unha perspectiva interseccional e decolonial. A outra plenaria, ma xoves, vir da man da doutoranda, tamén na 鶹, Sara Tabuyo-Santaclara, que est a piques de depositar a tese. “Sara far unha anlise da evolucin do termo Girl Power, dende a súa orixe coma un slogan feminista disruptivo ata unha estratexia de marketing que fomenta o individualismo a través do postfeminismo”, explica Mar Nieves.
As persoas participantes, na súa maiora, proveen das tres universidades galegas, pero cntase tamén con relatorios de persoal investigador das universidades de Sevilla, Zaragoza, Euskal Herriko Unibertsitatea e Politécnica do Porto.
O evento contou co apoio do Departamento de Filoloxa Inglesa, Francesa e Alem: o Grupo de investigacin BiFeGa, a I Ctedra José Saramago, o Proxecto Communitas e a Vicerretora de Comunicacin e Relacins Institucionais.
