DUVI

Diario da 鶹

A programacin arranca coa obra 'El secreto del doctor Grinberg'

O cine documental volve da man de Docs del Mes

As persoas interesadas poden inscribirse para ver on-line cada proxeccin

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Cultura
  • Cultura
DUVI Ourense 14/09/2022

Cada curso académico, o campus de Ourense participa na iniciativa , un ciclo de cinema documental que se desenvolve de xeito paralelo en preto de 70 cidades de toda Espaa. Neste primeiro cuadrimestre sern catro as obras internacionais de temticas moi diversas que se podern ver de xeito virtual no marco desta iniciativa.

Segundo explica Filemn Rivas, responsable de Actividades Culturais do campus de Ourense, nesta edicin mantense o visionado on-line e non presencial dos documentais. Todas aquelas persoas que desexen ver en lia cada obra, sinala, debern remitir unha solicitude ao enderezo electrnico docs-ou@uvigo.es e enviarselle o enlace e o cdigo necesarios para o seu visionado na rede, que estar habilitado durante un perodo de tempo determinado. Este procedemento ser o que se aplique cada mes para o documental correspondente.

Diversidade de temticas

A programacin arranca este mes de setembro con El secreto del doctor Grinberg. Dirixido polo director e guionista Ida Cuéllar, trtase dun documental que acumula unha decena de premios e seleccins para festivais internacionais desde a súa estrea en 2020 e que é o resultado dos sete anos que Cuéllar dedicou a investigar a desaparicin, en 1994, do doutor mexicano Jacobo Grinberg, “especialista no estudo da telepata”, segundo sinala a promotora de Docs del Mes. Neste caso, o visionado estar dispoible para as persoas que se apunten no campus de Ourense do 12 ao 26 de setembro.

Na segunda quincena de outubro proxectarase Rebellion, documental no que as directoras Maia Kenworthy e Elena Snchez Bellot afondan nas orixes de Extinction Rebellion, “un grupo de accin directa contra o cambio climtico”, como destacan desde a empresa promotora deste ciclo de cinema. “O movemento ecoloxista viu como no 2018 emerxa un novo colectivo que apostaba pola accin directa e a desobediencia civil”, salientan deste movemento, cuxas orixes e evolucin amsanse por primeira vez nun documental seleccionado para unha decena de festivais e que neste 2022 protagonizou a proxeccin inaugural do festival de cine Human Rights Watch de Nova York. Un mes mis tarde, a finais de novembro, poder verse Querida Sara, o primeiro documental da barcelonesa Patricia Franquesa, que se presenta como “un emotivo retrato de Sara, a primeira taxista de Afganistn, unha muller poderosa que rompe as barreiras patriarcais”, vez que como “un testemuo dunha realidade que xa non existe”. Finalmente, Docs del Mes pechar a súa programacin de 2022 en decembro con Karaoke Paradise, un documental do cineasta finés Einari Paakkanen, presentado como “un percorrido por unha Finlandia escondida”, que afonda na “paixn” existente neste pas polos karaokes.