Desenvlvese entre este luns e o 22 de abril na Facultade de Comunicacin
Un ciclo de conferencias pon o foco na necesidade dunha “creatividade transformadora” que evite perpetuar estereotipos a través da publicidade
Busca tamén dar visibilidade o labor de directoras creativas formadas neste centro
Segundo un informe da asociacin Ms Mujeres Creativas, s o 14% das mulleres que traballan en departamentos creativos na industria da publicidade ocupan cargos de direccin, fronte a un 31% dos profesionais homes, a pesar de que elas son maiora tanto no conxunto de do sector como nas facultades nas que se forman as futuras e futuros publicistas. Partindo destes datos, o ciclo Creativas na rede: campaas, responsabilidade e efectos da publicidade, que desde este luns se desenvolve na Facultade de Comunicacin busca achegar o alumnado ao traballo de directoras creativas formadas neste centro. A través das súas experiencias e traxectorias, a actividade, coordinada polo profesor Alberto Dafonte e que conta co financiamento da Unidade de Igualdade e do Consello Social da 鶹, afonda no proceso de creacin de campaas e contidos publicitarios para redes sociais, mais tamén en como este pode levarse a cabo “desde unha perspectiva de compromiso social”.
Os “baleiros” existentes nas mensaxes e na industria publicitaria
Aberto ao público e dirixido a complementar a formacin do alumnado da materia Producin publicitaria en web e multimedia, este ciclo de conferencias arrancou este luns pondo o foco na existencia de “preconceptos e prexuzos con respecto a roles de xénero que a publicidade adoita perpetuar” e na necesidade de que a futuros e futuras procesionais sexan capaz de identificalos e xerar “unha publicidade mis diversa e inclusiva”, como apuntou Dafonte. Ese foi un dos eixes da conferencia coa que abra esta actividadeIria Otero, directora creativa da axencia As Peaky Branders, cofundadora da Escola de Creativas Oh!Sister e responsable do portal de divulgacin sobre publicidade con perspectiva de xénero fillingthegap. Otero afondou na necesidade dunha “creatividade transformadora” que contribúa a que “non se perpetúen” unha serie de estereotipos, “que non son unicamente de xénero, senn que tamén poden estar asociados idade”, como lembrou. Nese senso, esta profesional destacou a importancia de “ter consciencia" sobre a existencia dunha serie de "baleiros" nesta industria, "para comezar a transformalos”, o que abrangue tanto s mensaxes que se trasladan como as propias estruturas do sector.
A existencia neste dun “teito de cristal” foi tamén abordada a continuacin, nunha conferencia de Nuria Grando, directora de arte na axencia Trend. A súa intervencin, explicou, estivo centrada “nas claves da creacin de contido para redes sociais” e na necesidade de adapalo aos cdigos de cada plataforma. Para iso, afondou tanto no seu propio traballo na axencia como na faceta de “activismo feminista”, que desenvolve a través da conta Konachadas.
Do traballo para Netflix influencia das redes nos adolescentes
Integrante da asociacin Ms mujeres creativas, Elena Domgnuez, directora creativa en We Are Social ser a protagonista do seguinte relatorio, que impartir o vindeiro luns 15 por videconferencia. Responsable directa durante mis de tres anos das campaas en redes sociais de Netflix, o seu coloquio permitir achegar o alumnado “a perspectiva de creacin de contidos desde unha grande axencia para unha das marcas con mis impacto nas redes sociais en Espaa”, como apunta Dafonte.
Finalmente,o ciclo pecharase o luns 22 cunha conferencia da exalumna e investigadora na Universidad Internacional de La Rioja (UNIR) Beatriz Feijo, especializada na influencia da publicidade e as redes sociais nas e nos menores. A súa intervencin por o foco no impacto dos contidos publicados por influencers nas crenzas sobre o aspecto fsico e os hbitos alimenticios nunha poboacin adolescente, coa idea, apunta Dafonte, de "concienciar o alumnado" respecto dos efectos que poden ter determinadas mensaxes nunha poboacin "que est construndo a súa identidade".
