A Facultade de Educacin e Traballo Social organizou este venres unha Festa da Lingua
Celebrando o orgullo de ser galegofalantes
Coa participacin do actor Xosé A. Tourin e o grupo musical Factora de Subsistencia
A Facultade de Educacin e Traballo Social do campus de Ourense organizou este venres a Festa da Lingua. O acto celebrouse co gallo de ter acadado o Distintivo de Galeguizacin Gal Ego 2023 da 鶹 e foi unha reivindicacin do “orgullo de ser galegofalantes” e da importancia de fomentar o uso da lingua propia de Galicia.
Na inauguracin da actividade, Susana Reboreda, vicerreitora de Extensin Universitaria, lembrou como esta facultade foi a primeira distinguida co distintivo da 鶹 Gal Ego, posto en marcha pola institucin académica para incentivar e recoecer o emprego da lingua galega en facultades e escolas. A responsable académica puxo en valor todo o traballo que realiza a comunidade universitaria deste centro na promocin do idioma e fixo fincapé en que “o galego hai que amalo e hai que falalo”.
Do individual ao colectivo
Ana Iglesias, vicedecana da Facultade de Educacin e Traballo Social, destacou pola súa banda a importancia de que as persoas que falan galego se empoderen e nese senso sinalou que esta Festa da Lingua tivo como obxectivo reivindicar que “somos galegofalantes e estamos orgullosos de selo”. A profesora lembrou os preocupantes datos feitos públicos recentemente polo Instituto Galego de Estatstica respecto ao idioma e contra a perda de falantes apuntada neles avogou por non ser pasivos e traballar desde o individual e o colectivo por mudar esa situacin.
A festa arrancou cunha presentacin dos datos de coecemento e uso do galego na facultade organizadora e continuou coa actuacin musical de Factora de Subsistencia e unha conversa arredor da lingua entre Fernando Dacosta, actor e profesor da Facultade de Educacin e Traballo Social, e o actor Xosé A. Tourin, que levou por ttulo O galego e eu. Nela, Xosé A. Tourin, licenciado en Filoloxa Galego-Portuguesa, fixo un percorrido pola súa relacin co idioma propio de Galicia para, do persoal ao colectivo, tocar temas de actualidade, como a perda da transmisin do idioma. Para rematar, houbo un panel interactivo no que as persoas asistentes puideron contribur coas súas achegas persoais a esta festa de reivindicacin da lingua galega.
