DUVI

Diario da 鶹

A Facultade de Historia acolleu unha xornada con esta temtica

Catro olladas sobre a violencia no universo feminino na antigüidade

A programacin achegouse s culturas de Prximo Oriente, Exipto, Grecia e Roma

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Congresos e xornadas
  • é
DUVI Ourense 17/10/2022

A Facultade de Historia do campus de Ourense acolleu este luns a V Xornada Olladas Antigüidade, que nesta ocasin centrouse na violencia no universo feminino. A programacin incluu catro intervencins realizadas por especialistas sobre a muller en distintas culturas da historia antiga (Oriente Prxima, Exipto, Grecia e Roma) co obxectivo de destacar “a relevancia do coecemento histrico do rol das mulleres como único xeito de coecer e comprender a situacin actual e ter mis argumentos para reivindicar os cambios”.

A iniciativa estivo organizada pola profesora e membro do GEAAT Susana Reboreda con financiamento da Unidade de Igualdade de 鶹, a Deputacin de Ourense e o Ministerio de Ciencia. Os seus obxectivos foron abordar distintos aspectos da violencia que rodeaba s mulleres na antigüidade; analizar as vas de violencia fsica e mental que se realizaba contra elas; reflexionar sobre as vas de violencia que elas empregaban e establecer elementos comparativos entre as sociedades antigas, e entre estas e as actuais respecto a esta violencia da e contra a muller, detectando similitudes e diferenzas.

Na inauguracin da actividade, Elena Rivo, vicerreitora do campus de Ourense, salientou o éxito desta xornada “de temtica histrica pero con vinculacin coa actualidade”. As, destacou a importancia da perspectiva histrica na abordaxe das problemticas actuais como a igualdade, xa que, dixo, “moitas veces do pasado aprendemos para o futuro”. Pola súa banda, Julio Prada, decano da Facultade de Historia, subliou o esforzo das diferentes reas deste centro que cada ano fan un esforzo por, a través de iniciativas como estas xornadas ou sadas de estudos, achegar ao alumnado aspectos diferentes do curriculum e complementar as a súa formacin mis al da aula. Do mesmo xeito, Susana Reboreda, coordinadora da xornada, lembrou que no curriculum do Grao en Xeografa e Historia “non hai unha materia especfica de historia das mulleres” polo que esta xornada “intenta encher ese oco tan necesario”. Cada ano, indicou, esta actividade dedcase a unha temtica diferente e conta coa participacin de especialistas de cada unha das reas da antigüidade coa idea de enriquecer o coecemento sobre elas.

De Hammurabi a Virxinia

A primeira das conferencias levou por ttulo Mulleres e violencia en Babilonia segundo o cdigo legal do rei Hammurabi e foi ofrecida por Juan Luis Montero, profesor da Universidade da Corua. “A antiga Mesopotamia, berce da primeira civilizacin urbana, conformou un mundo marcado polo conflito e a violencia, ao que non foi allea a muller”, explicou o docente. Na súa intervencin analizou a través do cdigo de leis do rei Hammurabi de Babilonia (1792-1750 aC) como era a violencia cara as mulleres en temas como o adulterio, o incesto ou o aborto violento no mbito das tribos semitas amorreas. Igualmente explicou como nos casos de divorcio, repudio ou viuvez, “a muller si que se beneficiou de certa proteccin social, pero por unha razn meramente econmica, coa finalidade de garantir a transmisin correcta da súa dote, achegada pola súa familia como regalo de voda, e da que era a única propietaria”.

Seguiulle unha intervencin virtual sobre a violencia contra as mulleres no xacemento de Deir el-Medina ofrecida por Iria Souto, investigadora Margarita Salas da 鶹. Ela afondou na existencia da violencia contra as mulleres neste xacemento, “un dos exemplos mellor preservados sobre vida coti no antigo Exipto durante o Reino Novo (1295-1069 aC). Na súa conferencia presentou as caractersticas distintivas deste asentamento, para contextualizar a situacin das mulleres que viviron e traballaron nel, para analizar logo unha serie de casos a través de fontes escritas, en combinacin con datos de natureza epigrfica e arqueolxica. Do mesmo xeito, achegouse s penas a quen exerca esa violencia, a como era a vida social diaria das afectadas e que dereitos tian, as como as medidas que se podan aplicar para evitar o maltrato e a súa situacin de vulnerabilidade.

Pola súa banda, Claudia Valeria Alonso, tamén investigadora Margarita Salas pero da Universidad Autnoma de Madrid, ofreceu a conferencia Nais “huérfilas”, mulleres vingadoras: os exemplos de Clitemnestra e Hécuba. Nela explicou como a “muller grega foi especialmente vulnerable” pois, indicou, en xeral “careca de dereitos polticos e estaba suxeita autoridade do seu pai ou irmns ata que quedaba tutelada polo seu marido”, sendo “común o maltrato fsico e a violencia sexual”. En situacins bélicas, engadiu, a muller quedaba especialmente exposta pola perda dos seus parentes varns e a disolucin dos lazos familiares. “Soas, reciban todo o odio dos vitoriosos, para os que non eran mis que botn de guerra e, como tal, os soldados repartanas para o seu uso e goce ou as vendan como escravas en mercados estranxeiros”, comentou. Moi ao seu pesar, engadiu a relatora, “as supervivintes deban enfrontarse morte violenta dos seus fillos e fillas, a miúdo executados unha vez finalizada a batalla”. As, na súa intervencin, a investigadora falou dos mitos sobre as vinganzas de dúas destas raas-nais huérfilas: Clitemnestra e Hécuba.

Para pechar a xornada, o tamén investigador Margarita Salas pero da Universidad de Murcia Pedro David Conesa falou da violencia feminina nos relatos mticos de Roma, centrndose nos casos de Lucrecia e Virxinia. “As maxistraturas polticas en Roma, como sociedade patriarcal que era, exercéronas os varns. As mulleres, abocadas ao matrimonio, crianza dos seus fillos e ao mbito doméstico, estiveron marxe dos cambios sociais que posibilitaban a evolucin da urbs. Non obstante, producronse algúns episodios nos que elas foron as protagonistas, anda de maneira indirecta, sendo os casos de Lucrecia e Virginia dous exemplos paradigmticos”, apuntou o historiador. As mortes de ambas doncelas, sinalou, provocaron a cada da monarqua e o xurdimento da república en 509 aC, as como o derrocamento dos decenviros. “Alén do relato mtico no que se insiren as súas historias, as súas figuras son fundamentais para entender como funcionaba a mentalidade romana”, subliou.