DUVI

Diario da 鶹

Sae rúa hoxe mércores da man da editorial La Esfera de los libros

A catedrtica África Gonzlez publica 'Inmuno Power', un manual que desvela os segredos do sistema inmunitario

Aborda temas como o seu papel fronte ao cancro, as alerxias ou a importancia das vacinas

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • پܱ
  • ʳܲԲ
  • Աپ
M. Del Ro DUVI 01/09/2021

Inmuno Power é un libro co que a súa autora, a catedrtica da 鶹 África Gonzlez quere axudar “a entender dunha forma sinxela e divulgativa que é o sistema inmunitario, un dos sistemas mis complexos do noso corpo”. As o explica a propia autora queao longo de 288 pxinas analiza que é e como funciona o sistema inmune e achega as claves para coidar e protexer “a primeira lia de defensa do corpo humano”.

O volume nace, como recoece a autora, “da necesidade de explicar e resolver moitas dúbidas que xorden” e da falta de “libros divulgativos sobre como funcionan as nosas defensas, como podemos fortalecelas, que son as vacinas, as alerxias, as intolerancias, a inmunidade en nenos...” Para iso achega respostas a numerosas preguntas relacionadas co sistema inmune: de que nos protexe o sistema inmunitario? cal é o seu papel para defendernos do cancro? como inflúe a idade ou a alimentacin nas nosas defensas? cal sera a vacina perfecta?. Outros dos temas que aborda a cientfica neste libro pasan polo funcionamento dos anticorpos, as alerxias, as diferencias entre as alerxias alimentarias e as intolerancias ou a funcin da febre. Ademais, como destacada investigadora neste eido, África Gonzlez presenta neste libro tamén as técnicas inmunolxicas e últimos avances en inmunoterapia.

Gonzlez recoece que, en xeral, a cidadana est “moi interesada pola saúde e a pandemia evidenciouno anda mis”.Por iso destaca a necesidade de facer un esforzo “para explicarse de forma divertida, prxima pero rigorosa, evitando enganos, mitos e pseudociencia. Hai que ser moi crticos e ter moito coidado con algunhas cousas que se publican ou venden e que non teen ningún respaldo cientfico”. O manual, publicado pola editorial La Esfera de los libros, est destinado a todos os públicos, organizado en captulos independentes e en formato preguntas-respostas, amenizado por “ilustracins frescas e divertidas”.

Sentinelas protexendo o castelo

A catedrtica recoece que se ten transmitido “que o sistema inmunitario é complexo, pero todo é posible explicalo e adaptalo a distintos niveis”. Neste caso defneo como “toda unha serie de sentinelas protexendo o noso castelo, preparados para actuar se entra o inimigo. Se con eles non é suficiente e non se contén a agresin, chmase a outros soldados moito mis especficos. Estes son mis lentos en actuar pero moi eficaces”. No libro, a catedrtica explica como funciona este exército, quen e como o dirixe e como se detén. Todo este sistema tamén “vixa fronte a tumores, detecta sinais de perigo internas e rexeita transplantes incompatibles, ao tempo que repara os tecidos unha vez que a infeccin foi resolta”.

Precisamente unha das claves que se abordan no libro é a posibilidade reforzar e fortalecer o sistema inmunitario. “É, xunto co sistema nervioso, oúnicoque ten memoria a longo prazo, e ao igual que podemos adestrar e aprender cousas, tamén o fai o noso sistema inmunitario”. O mellor adestramento, explica, son as vacinas, “que nos van evitar enfermar”. Pero con todo, ao longo da vida as persoas estn “sometidas a estmulos infecciosos e fronte a eles, a defensa é o sistema inmune”. Na súa efectividade e fortaleza inflúen, lembra a docente, “aspectos como a xenética, sexo, idade, vacinas previas ou infeccins, frmacos, nutricin, deporte, estrés, consumo de tabaco, alcol, drogas, horas de sono....e tamén elementos do propio patxeno como a súa virulencia, mutacins, capacidade de contaxio... que farn que unha persoa poda ou non infectarse”.

Segundo Gonzlez, Inmuno Power ben podera ser un libro de cabeceira que axude a resolver moitas dúbidas que anda existen, porque “a inmunoloxa é unha especialidade relativamente nova, con pouca participacin nos plans de estudo”. Neste sentido considera que se debera incrementar a súa presenza a distintos niveis, dende colexios e institutos ata a formacin universitaria, porque “é importante saber que o sistema inmunitario est na base de moitas enfermidades e, canto mellor o coezamos, mellor poderemos abordalas”. O libro pode adquirirse a partir deste mércores 1 de setembro.