DUVI

Diario da 鶹

Afaga e Atendo traballarn coa Universidade para loitar contra o idadismo desde a comunicacin

Ctedra de Idadismo da 鶹,unha iniciativa pioneira en Espaa nacida con vocacin de desaparecer

Foi presentada publicamente este medioda no Marco de Vigo

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Աپ
Mª del Carmen Echevarra Figueroa DUVI 13/09/2022

Lonxe de querer perpetuarse no tempo, a Ctedra de Idadismo da 鶹 ve a luz cun obxectivo claro: desaparecer. A directora da ctedra, a docente e investigadora do Departamento de comunicacin audiovisual e publicidade da 鶹, Ana Belén Fernndez Souto, deixou claro este medioda, no acto de presentacin desta iniciativa pioneira en Espaa, que as entidades promotoras do proxecto, 鶹, Afaga ( Asociacin de Familiares de Enfermos de Alzhéimer y otras Demencias de Galicia) e Atendo ( entidade privada de innovacin social dedicada a acompaar nos coidados s persoas maiores e as súas familias a través de diferentes servizos), “pretendemos consolidar a loita contra o idadismo para concienciarnos da súa existencia e conseguir que desapareza como tal, de a o lema a ctedra: nacida para desaparecer”.

Nun acto celebrado no Marco de Vigo, que estivo amenizado pola humorista Teté Delgado e pola banda Deteriorados, co ex docente da 鶹 Xaime Fandio cabeza, a Ctedra de Idadismo foi presentada este medioda en sociedade, arroupada por representantes de institucins como a Xunta de Galicia, o Concello de Vigo, a CRTVG, Stop Idadismo e a OMS, representada pola responsable da Campaa mundial contra o idadismo deste organismo e coautora principal do primeiro Informe mundial da ONU sobre idadismo, Vânia de la Fuente. Co obxetivo de evitar que a idade se utilice para categorizar e dividir s persoas polos seus atributos, ocasionando inxustizas, danos e discriminacins, a ctedra “nace para consolidar a loita contra o idadismo desde o mbito da comunicacin, a través da realizacin de cursos, seminarios e conferencias; organizacin de actividades académicas; intervencins educativas a todos os niveis; promocin da investigacin; xeracin de contornas amigables e fomento da relacin interxeracional”, enumerou Ana Belén Fernndez Souto. A directora da ctedra demandou na súa intervencin a colaboracin e implicacin dos xestores polticos e o poder lexislativo para concienciar e implementar as medidas que permitan desterrar o idadismo, e que "esta ctedra que hoxe nace, pronto careza de sentido e polo tanto, desapareza”.

Pola súa banda, os socios fundadores desta iniciativa, Carlos Rodrguez, presidente de Afaga e Luis Barros, CEO de Atendo, agradeceron a implicacin no proxecto de institucins e persoas dispostas e enfrontar o reto. “Debemos traballar polas persoas e non entendendo a idade como un elemento limitante”, dixo Carlos Rodrguez, que tamén incidiu na importancia de cambiar a lexislacin e renovar o pacto interxeracional. Luis Barros destacou o traballo desenvolvido por Xaime Fandio para poer a ctedra en marcha e avogou por traballar “cada un desde o seu espazo para crear un mundo para todas as idades”.

Caras e estratexias para combater o idadismo

A responsable da Campaa mundial contra o idadismo da OMS e coautora principal do primeiro Informe mundial da ONU sobre idadismo, Vânia de la Fuente, foi a encargada de pechar o acto, que comezou cun monlogo da humorista Teté Delgado no que reivindicou tanto a súa idade como a súa condicin de muller no mbito artstico. A delegada da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernndez-Tapias, e a concelleira da Área de poltica de benestar social do Concello de Vigo, Yolanda Aguiar, foron as primeiras en tomar a palabra para reivindicar as polticas de cadansúa institucin est a desenvolver para mellorar a calidade de vida das persoas maiores e loitar contra o idadismo. “Sobran as razns para erradicar o idadismo” asegurou Fernndez-Tapias, que lamentou que este tipo de discriminacin estea, mesmo, por riba doutras. Pola súa banda, Yolanda Aguiar afirmou que “o idadismo é un problema de saúde pública e empobrece”, polo que avogou porque os maiores estean no centro das polticas de coidados, que cmpre mudar, dixo. Mentres, o director de Proxeccin social da CRTVG, Xaime Arias e os responsables de HelpAge Spain, Belén Martnez e de Stop Idadismo Portugal, José Carrera, apuntaron a importancia da colaboracin institucional para desenvolver as accins que se promovern desde a ctedra

Na súa presentacin titulada Un mundo para todas las edades, Vânia de la Fuente comezou por destacar as tres dimensins do idadismo: estereotipos, prexuzos e discriminacin, as como os motivos polos que este fenmeno debera preocupar a toda a poboacin, entre os que destacou “que nos afecta a todos, a todas as idades e est en todas partes”, dixo. De la Fuente aludiu na súa intervencin existencia de diferentes tipos ou manifestacins do idadismo, como son a institucional, a meditica ou a interpersoal. Poltica e lexislacin, actividades educativas e intervencins interxeracionais, son segundo Vânia de la Fuente as tres estratexias que cmpre desenvolver para combater o idadismo, que segundo a responsable da Campaa mundial contra o idadismo da OMS, “nos afecta a todos, pero podemos eliminalo. Queremos crear un mundo para todas as idades”, sinalou.