DUVI

Diario da 鶹

A 鶹 é unha das entidades patrocinadoras das xornadas que arrancaron este luns

A capacidade da arte para representar e transformar a realidade centra a XXXIX Semana Galega de Filosofa 

Coa participacin de investigadores e artistas de diferentes eidos

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Arte
  • Congresos e xornadas
  • پܱ
  • Institucional
DUVI Pontevedra 10/04/2023

A arte “como dimensin definitoria do ser humano” e como “expresin simblica coa que, ademais de representar ou evocar unha realidade externa ou interna, podemos tamén transformar esa realidade” constitúen, como explicou o presidente da Aula Castelao, Alexandre Cendn, o fo condutor da XXXIX Semana Galega de Filosofa, que entre este luns e este venres desenvolve a súa programacin no Teatro Principal. Promovida pola Aula Castelao, co patrocinio do Concello de Pontevedra e da Vicerreitora do campus, este ciclo conta coa participacin tanto de diferentes académicos e académicas como de artistas de diferentes disciplinas, que protagonizan as 15 conferencias que integran o programa destas xornadas.

Xunto a Cendn, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernndez Lores, e a vicerreitora do campus, Eva Mara Lantarn, participaron na ma deste luns no acto de apertura dunha nova edicin desta semana, que baixo o ttulo de Filosofa e arte serve tamén para conmemorar o 40 aniversario da Aula Castelao, como lembrou o seu presidente. “A Semana Galega de Filosofa é un encontro de filsofos nacionais e internacionais, que é un privilexio que poida organizarse na cidade”, salientou Lantarn, que lembrou que desde a Universidade, “como non poda ser doutra forma, levamos moitos anos colaborando” cun evento que contribúe a achegar, lembrou, a filosofa sociedade. Do mesmo xeito, a vicerreitora subliou “o acado” da temtica escollida para esta edicin, xa que “Pontevedra é o campus da creatividade” e agradeceu a colaboracin da Aula Castelao coa programacin da Semana da Creatividade, que Campus Crea conmemorar neste mes de abril. 

O acado da temtica escollida para este 2023 foi tamén un dos aspectos destacados por Fernndez Lores, que salientou que “a arte é un elemento puramente humano, que nos define como especie”. O alcalde lembrou o “papel fundamental” xogado pola cultura “ hora de abrirnos fiestras a lugares e sentimentos inaccesibles cando as rúas estaban pechadas ou non podan ser transitadas con normalidade”, vez que se felicitou pola “posicin extraordinaria como referente cultural” da Semana Galega de Filosofa.

Múltiples olladas s múltiples dimensins da arte

Na apertura desta 39 edicin, Cendn salientou que un dos propsitos deste foro é afondar na arte como unha “senlleira e interpretacin e representacin do mundo humano” en múltiples mbitos, “como o social, o persoal, o poltico o cultural ou o natural”, de tal xeito que as xornadas propoen abordala tanto como “un medio de expresin do pensamento”, pero tamén “das emocins ou do irracional”, ao igual que incidir na súa capacidade “como un vehculo de comunicacin moitas veces mellor que a propia palabra”. Con ese propsito, buscaron que nesta semana estivesen representadas múltiples disciplinas, como a pintura, a escultura, a arquitectura, o cinema ou as artes escénicas, o que permitir “reflexionar sobre a evolucin da arte na nosa sociedade”, as como ir mis al “do punto de vista terico da filosofa da arte”, dando voz “s propias artistas, para que nos falen da súa actividade creativa”. Ademais, outro dos focos de anlise ser “o rol da arte como produtora de ideoloxas e como medio de anlise e denuncia”, salientou Cendn na apertura dunhas xornadas que “non seran posibles sen o patrocinio e o apoio” tanto do Concello e da Universidade, como da Xunta de Galicia, a Deputacin de Pontevedra e o IES Valle Incln. 

Académicos e artistas nun programa con tres bloques

Con eses obxectivos, a programacin desta Semana Galega de Filosofa abrangue unha serie de conferencias matinais, “mis centradas na filosofa”, un segundo bloque de relatorios que poen o foco na situacin das artes en Galicia e un terceiro “cun carcter mis aberto”, no peche de cada xornada. De abrir esta programacin responsabilizouse nesta xornada o catedrtico da Universidad de Murcia Francisco Jarauta, quen afondou “nos temas da filosofa en relacin co mundo contemporneo”, nunha conferencia titulada Certamente é estrao que a Terra xa non sexa habitbel. Tras lembrar os “moitos encontros” nos que participou na Facultade de Belas Artes, Jarauta destacou na súa intervencin que “temos a sorte ou o infortunio de vivir na época mis acelerada da historia humana”, na que os cambios que se producen “son tan rpidos e tan radicais”, que, defendeu, “ninguén se atrevera a facer o mapa de cal ser o mundo do 2050”. 

Tras a súa conferencia, as sesins matinais reúnen nos prximos das, baixo o ttulo de Pensar a arte, a académicos como os historiadores da arte Miguel Anxo Rodrguez e Patricia Mayayo, o catedrtico da Universidad de Mlaga Luis Puelles e a profesora da Autnoma de Barcelona Andrea Soto. No bloque das tardes, tomarn a palabra a arquitecta Mara Novas, a pintora e ilustradora Iria Ribadomar, a actriz Sabela Hermida, a poeta Chus Pato e o director de Actividades Públicas do Museo Reina Sofa, Germn Labrador. 

Por último, o bloque Perspectivas da arte, programado para as 20.00 horas, brese este luns co artista visual Francesc Torres e continúa o martes coa ensasta e investigadora do Instituto de Filosofa do CSIC Remedios Zafra. O músico e cineasta Fermn Muguruza responsabilizarase da conferencia deste mércores, mentres que o xoves as xornadas deteranse nos vnculos entre fotografa e pensamento da man de Vtor Vaqueiro. Finalmente, na tarde do venres, o músico e doutor en Filosofa Santiago Ausern ser o encargado de clausurar esta XXXIX Semana Galega de Filosofa cun relatorio titulado A música na Grecia antiga e a orixe da filosofa.