O mini-ximnasio est no 3º andar do bloque C do edificio de Ciencias Experimentais
O campus estrea o seu primeiro Espazo Muver para a realizacin de pausas activas
Conta con dúas bicis de spinning, unha elptica e un stepper
Segundo a Organizacin Mundial da ú (OMS), o sedentarismo est asociado cun maior risco de padecer enfermidades cardiovasculares, cancro ou diabetes. Por iso, moverse durante a xornada laboral ou académica é esencial para mellorar o benestar, tanto fsico como mental. Nesta lia de fomentar a actividade fsica, a Vicerreitora de Extensin Universitaria acaba de estrear o primeiro Espazo Muver da 鶹, un mini-ximnasio situado no edificio de Ciencias Experimentais que busca facilitar que tanto alumando como profesorado e persoal de administracin poida realizar algún tipo de prctica fsica sen necesidade de despazarse s instalacins deportivas do campus nin de inscribirse en ningún programa.
A idea xurdiu, como explica Xabier Rial, director técnico da Área de Benestar, ú e Deporte, para fomentar as pausas activas e animar comunidade universitaria a empregar arredor de 15 minutos de descanso realizacin dalgún tipo de actividade fsica, porque “sempre é bo momento para facer deporte!”.
O espazo foi inaugurado este mércores polo decano de Ciencias do Mar, Miguel Ángel Nombela, a decana de Bioloxa, Mercedes Gallardo, e por representantes das delegacins de estudantes das tres facultades que comparten este edificio: Ciencias do Mar, Bioloxa e Qumica. Este é o primeiro espazo deste tipo que se crea na 鶹, unha “experiencia piloto” que, segundo Rial, sevir para avaliar a resposta da comunidade universitaria. “Veremos como funciona, o uso que se fai do espazo” e, dependendo da acollida, “non descartamos colaborar con outras escolas e facultades” para crear outros Espazos Muvers nos campus.
Un mini-ximnasio
O espazo est equipado con dúas bicis de spinning, unha elptica e un stepper, mquinas procedentes das instalacins deportivas dos campus de Vigo e Pontevedra, tras unha reformulacin e reestruturacin destes espazos. Situado no terceiro andar do bloque C, ten unha superficie de 4X4 metros cunha ampla parede acristalada con vistas ao exterior. Dado que non vai contar con persoal técnico, conta cun panel informativo con instrucins e recomendacins sobre o uso das mquinas.
Tras a primeira toma de contacto co espazo por parte das e dos usuarios, dende a Área de Benestar, ú e Deporte non descartan ampliar a dotacin de material co que conta este espazo, xa que as mquinas serven principalmente para traballar as pernas. “Tentaremos inclur equipacin como esterillas para exercicios de chan ou TRX para traballar o tren superior”, por exemplo.
