DUVI

Diario da 鶹

Promovida pola Vicerreitora e a Concellera de Promocin Econmica e aberta a toda a cidadana

O campus busca consolidar a súa aula de teatro

O obxectivo final é dar forma a unha obra que se estrear na Miteu de Pontevedra

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Cultura
  • Teatro
  • Cultura
DUVI Pontevedra 04/10/2022

Tras doce anos sen actividade, Pontevedra recuperou o pasado mes de abril a súa Mostra Internacional de Teatro Universitario (Miteu), que inclua na súa programacin a obra Nosa seora das nubes, a primeira montaxe da Aula de Teatro do campus, posta en marcha o pasado curso pola Vicerreitora e a Concellera de Promocin Econmica e Universidades, no marco dun convenio de colaboracin. Co obxectivo de continuar e consolidar esta actividade, ata o 28 de outubro permanece aberta a na segunda edicin desta aula, na que pode participar tanto a comunidade universitaria como o conxunto da cidadana. Co responsable de Teatro de Ningures, Salvador del Ro, como docente, o obxectivo desta actividade é achegar os asistentes s diferentes fases do proceso de creacin teatral, dando como resultado final a preparacin dunha obra que as e os integrantes da aula presentarn nunha nova edicin da Miteu.

“Estamos moi contentos de que volva realizarse unha actividade que na anterior edicin tivo moi boa acollida e na que ademais houbo unha alta participacin por parte da comunidade universitaria”, salienta Luis Torres, director de rea adxunto Vicerreitora do campus. Con Բ gratuta e aberta participacin de toda a cidadana, a aula conta con 15 prazas e desenvolver a súa actividade, entre os meses de novembro e maio, na Facultade de Belas Artes. 

Da iniciacin montaxe final 

O propsito fundamental desta aula, como recolle o seu texto de presentacin, é que tanto o alumnado universitario como calquera persoa interesada poidan participar nas diferentes fases do proceso de creacin teatral, “desde o momento inicial da eleccin e lectura do texto ata a representacin final diante dun público”. Con esa idea, a actividade impartida polo actor e director Salvador del Ro propor nas súas diferentes sesins un conxunto de exercicios prcticos dirixidos a “fomentar a capacidade de concentracin, memoria, oratoria e expresin, creatividade, sentido do ritmo e musicalidade”. Cun programa estruturado en catro bloques, esta actividade de 100 horas de duracin abrangue nese senso desde unha serie de exercicios preparatorios, que permiten tanto abordar a relacin entre actores como a posta a punto corporal e vocal, ata a lectura e comprensin dun texto teatral e a encarnacin de personaxes, para finalmente pr o foco no desenvolvemento dunha montaxe teatral. Nese senso, a aula centrar o seu primeiro bloque de actividade, entre novembro e decembro, nos aspectos de iniciacin, para xa nun segundo, entre febreiro e maio, comezar a desenvolver a súa propia montaxe.

O feito de que esta actividade formativa dea lugar a unha obra final é tamén "unha das cuestins mis importantes desta aula", como destaca Torres, que incide en que outro dos propsitos cos que a actividade inicia este novo curso é de intentar amosar a montaxe final tamén fra das mostras do teatro universitario.