DUVI

Diario da 鶹

Na entrega dos seus galardns anuais celebrada este luns

O Campus Auga premia o talento investigador en recursos hdricos, alimentarios e agroambientais

Foron distinguidos once traballos realizados por persoal docente e investigador e alumnado da 鶹

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Աپ
  • Premios
  • Institucional
DUVI Ourense 10/02/2025

A 鶹 celebrou este luns a entrega dos VI Premios de Աپ, Transferencia e Divulgacin Cientfica do Campus Auga. Nesta edicin, son once os traballos realizados por persoal docente e investigador e alumnado da 鶹 galardoados e nos que se aborda, en diferentes formatos, temas de alimentacin funcional, agricultura e medio ambiente e xestin de recursos hdricos.

O acto de entrega contou coa participacin de Manuel Reigosa, reitor da 鶹; Francisco Javier Rodrguez, vicerreitor do campus de Ourense; Roberto Ignacio Fernndez, director do Campus Auga, e Nicols Esmors, director xerente de Viaqua. Na súa intervencin, o reitor destacou que estes premios distinguen “unha escolma” do talento existente no campus de Ourense. Neste senso fixo fincapé na importancia de recoecer e pr en valor con iniciativas coma esta o talento investigador que agroma na institucin académica, xa sexa formado nela ou captado, pois, indicou, “a sociedade do futuro é unha sociedade do coecemento” e baseada nas capacidades. Manuel Reigosa salientou ademais o potencial do Campus Auga como “unha ferramenta única e competitiva” para o desenvolvemento de Ourense. Pola súa banda, Nicols Esmors salientou que son xa seis anos de participacin de Viaqua nestes premios e puxo en valor a colaboracin público-privada para avanzar na innovacin, no desenvolvemento e na sostibilidade e afrontar os retos que hai no eido dos recursos hdricos.  

Os Premios Campus Auga estn convocados pola Vicerreitora do Campus de Ourense e financiados a través dos convenios que ten a 鶹 coa empresa Viaqua Xestin Integral de Augas de Galicia SAU e tamén coa Consellera de Educacin, Ciencia, Universidades e Formacin Profesional para financiar o Campus Auga, o proxecto de especializacin do campus de Ourense acreditado pola Xunta de Galicia. Dotados cun orzamento total de case 9000 euros, os galardns teen como obxectivo recoecer e estimular os esforzos das e dos investigadores que contribúan a desenvolver o Campus Auga.

Once traballos galardoados

No caso de traballos fin de grao e mestrado nesta edicin son catro as propostas premiadas. Hai galardoado un traballo fin de mestrado centrado na avaliacin do efecto do funxicida tetraconazol sobre o lévedo Saccharomyces cerevisiae EC1118™ mediante unha aproximacin metabolmica, realizado por Laura Gallego e titorizado por Raúl Iglesias e Elena Martnez. Tamén est premiado un traballo fin de grao sobre a sntese, caracterizacin e aplicacin de biochar e hydrochar como catalizadores na producin de hidrxeno, realizado por Mara Bolaos e titorizado por Aida Mara Dez e Marta Mara Pazos, e outro sobre as proxeccins futuras de caudais extremos nas principais cidades da conca do Mio-Sil, feito por Sabrina Hernndez e titorizado por Diego Fernndez e Mara Teresa de Castro. Por último, outrgase un accésit ao TFG Claro coma a auga: unha nova vida para os residuos agroindustriais destinada descontaminacin de frmacos en augas residuais mediante adsorcin e posterior degradacin dos contaminantes, de Vernica Lao e titorizado por Ada Mara Dez e Marta Mara Pazos.

Polo que respecta modalidade de teses de doutoramento concédense dous galardns: un a Impacto das tetraciclinas sobre as comunidades microbianas de solos agrcolas, de Vanesa Santas e dirixida por Manuel Arias e David Fernndez Calvio, e outro a Modelos territoriais de aproveitamento dos recursos termais en Europa, tese de José Ángel Vzquez Barquero e dirixida por Santiago Lago e Pedro Araújo.

Os VI Premios de Աپ, Transferencia e Divulgacin Cientfica do Campus Auga tamén distinguen as mellores contribucins cientficas, concretamente a varios artigos publicados en revistas destacadas. Trtase de Metal and metalloid profile as a fingerprint for traceability of wines under any Galician protected designation of origin, de Cecilia Araceli Martnez, Gonzalo Astray, Juan Carlos Mejuto e Jesús Simal; e Projected changes in atmospheric moisture transport contributions associated with climate warming in the North Atlantic, de José Carlos Fernndez, Albenis Pérez, Jorge Eiras, Raquel Nieto, Luis Gimeno e Stefan Rahimi-Esfarjani. Ademais, concédese un accésit a Use of Three Different Nanoparticles to Reduce Cd Availability in Soils: Effects on Germination and Early Growth of Sinapis alba L., de Roco Gonzlez, Andrés Rodrguez, David Fernndez, Manuel Arias e Daniel Arenas.

Polo que respecta aos premios aos mellores resultados de transferencia dúas son as propostas distinguidas: os proxectos Bioprocesado de insectos para a obtencin de novas protenas de alto valor nutritivo, participado por José Manuel Salgado e José Manuel Domnguez, e VitiCast: solucins innovadoras para predicin de enfermidades fúnxicas en vide, participado por Mara Fernndez e Francisco Javier Rodrguez. A modalidade de divulgacin quedou deserta.

As e os galardoados recolleron os seus diplomas da man de autoridades presentes, participando no acto Martn Alemparte, director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria da Consellera do Medio Rural; Rosendo Fernndez, deputado provincial; Tamara Silva, concelleira de Educacin e Xuventude; Emilio Domnguez, secretario xeral da Confederacin Hidrogrfica Mio-Sil; Manuel Pardo, delegado da Xunta de Galicia en Ourense; Eladio Santos, subdelegado de Goberno en Ourense; Isaac Fernndez, xestor de proxectos de Viratec; Juanjo de la Cerda, CEO de Clusaga; Santiago Tauntn, director de Recursos Humanos de Coren, e Leticia Rodrguez, directora de Innovacin de Viaqua. O acto rematou cunha actuacin da mezzosoprano Carmen Gabriela Ferrara.