DUVI

Diario da 鶹

O campus retoma a programacin virtual do certame 'Docs do mes'

Cada mes, un documental social

A primeira peza que se pode ver é 'Arica', sobre o impacto de vertidos nunha localidade chilena

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Cultura
  • Cultura
DUVI Ourense 15/02/2022

Cada curso académico, os tres campus da 鶹 participan na iniciativa , un ciclo de cinema documental que se desenvolve de xeito paralelo en preto de 70 cidades de toda Espaa. No caso do campus de Ourense, desde o inicio da pandemia a programacin pode seguirse de xeito virtual. A primeira das proxeccins deste 2022 ser Arica, un documental que afonda nas consecuencias que tivo un vertido ilegal de residuos txicos nunha localidade chilena.

“Despois das vacacins de Nadal e os exames, decidimos retomar agora a nosa programacin on line de Docs del Mes, que se fai de xeito paralelo s proxeccins presenciais nos campus de Vigo e Pontevedra. Comezamos co documental Arica, que na programacin do festival corresponde ao mes de xaneiro, para non perder ningunha das sesins desta edicin”, explica Filemn Rivas, responsable de Actividades Culturais do campus de Ourense. Todas aquelas persoas que desexen ver en lia este documental, sinala, debern remitir unha solicitude ao enderezo electrnico docs-ou@uvigo.es e enviarselle o enlace e o cdigo necesarios para o seu visionado na rede, que estar habilitado entre o 14 e o 28 de febreiro. Este procedemento ser o que se aplique cada mes para o documental correspondente.

Dos vertidos ilegais orientacin sexual

Seguindo a súa lia de compromiso social, Docs del Mes abordar nas sesins previstas ata maio temticas como as consecuencias dos vertidos txicos e a presin social ligada aos canons estéticos, transicin de xénero ou orientacin sexual. A primeira proxeccin virtual dispoible a través do campus de Ourense ser este mes Arica, un documental no que Lard Edman e William Johansson fan balance de 15 anos de investigacin sobre o vertido ilegal de residuos txicos realizado por unha multinacional norueguesa na cidade chilena de Arica e os efectos que tivo nas vidas da súa poboacin. Seguiralle tamén en febreiro o filme brasileiro En el umbral, no que a directora Coraci Ruiz aborda desde un punto de vista autobiogrfico a transicin de xénero do seu fillo adolescente Noah, a través das entrevistas que lle realizou ao longo de tres anos.

Xa en marzo, poder verse Curvy crew, un filme da cineasta e videoartista Ida Joglar, que a produtora responsable deste ciclo presenta como “un documental que rompe cos estereotipos e pon ante o espello a presin social e o reto da autoaceptacin que sofren as persoas cun corpo non normativo”, neste caso a través das entrevistas a un grupo de mulleres con sobrepeso que se enfrontaron ao reto de subir o Kilimanjaro. En abril ser o momento de Rock por mil: La Banda ms grande del mundo. Dirixida por Anita Rivaroli, a obra aborda a “incrible historia” de Fabio, un bilogo mario que en 2015 convenceu a mil músicos de toda Italia para reunirse en Cesena e tocar Learn to Fly, éxito de Foo Fighters, co obxectivo de convencer ao lder desa banda para que fose a tocar a esa cidade. Froito desa experiencia fundouse a banda de rock Rockin'1000. Fe y libertad: Un amor de clausura, da directora Ivana Marinić Kragić, ser a peza que se poder ver no mes de maio. O documental segue a historia de amor en común de dúas monxas novas de diferentes conventos de Croacia e a súa busca do “equilibrio entre a súa orientacin sexual e a súa fe para loitar por unha relacin que a sociedade croata e as comunidades relixiosas non aceptan”.