DUVI

Diario da 鶹

Teen que estar asentadas en localidades menores de 5000 habitantes

Na busca de empresas, asociacins e organismos que queiran unirse ao Programa Campus Rural

En 2023 participaron mis de medio cento de entidades de toda Galicia

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Emprender
  • Universidade e empresa
  • Institucional
D. Besado DUVI 14/03/2024

A 鶹 activa por terceiro ano consecutivo a busca de empresas, asociacins e organismos dos concellos galegos de menos de 5000 habitantes que queiran participar na , unha iniciativa posta en marcha en 2022 polo Ministerio para a Transicin Ecolxica e o Reto Demogrfico, en colaboracin co Ministerio de Universidades e as universidades públicas, que lle permite ao alumnado universitario realizar prcticas profesionais en zonas rurais con problemas de despoboamento, incentivando as a chegada de capital humano que axude a dinamizar estas zonas.

En 2023 foron mis de medio cento de entidades as que responderon chamada realizada pola 鶹 para acoller ao alumnado universitario nas súas instalacins e nesta ocasin agrdase que a resposta sexa similar ou superior.As entidades interesadas teen de prazo para ata o vindeiro 20 de marzo. Esta é a primeira fase do programa, unha vez inscritas as empresas e organismos interesados, farase unha nova chamada, nesa ocasin ao alumnado. Ser xa no mes de abril, unha vez pasada a Semana Santa.

Estadas de entre 2 e 4 meses e 1000 euros brutos mensuais

As prcticas contarn cunha prestacin econmica de 1000 euros brutos mensuais por estudante, xunto obrigada cobertura de gastos derivados da Seguridade Social, que sern aboados polo ministerio a través da 鶹.

O ano pasado, a duracin da estada tia que ser superior a 3 meses, pero este ano flexibilizouse mis a duracin, de modo que o alumnado que participe poder facer estadas cunha duracin de 2 a 4 meses no perodo comprendido entre o 15 de maio e o 15 de novembro. “Ademais, e dado que un dos maiores obstculos destas estadas reside na dispoibilidade de aloxamento no municipio destino, estase a pedir un maior esforzo s entidades que se adhiran ao programa para que propoan solucins de residencia para o alumnado e existe un compromiso de prestacin de axuda na súa busca”, apunta a directora da Área de Emprego e Emprendemento, Maruxa Álvarez.

Balance moi positivo para empresas, alumnado e Universidade

Como balance das dúas edicins anteriores, Álvarez salienta que, en lias xerais, tanto o alumnado como as entidades amosaron unha gran satisfaccin co programa. Nesta lia explica que para moitas entidades participar neste programa constitúe a súa primeira experiencia acollendo estudantes da Universidade nun perodo formativo. No caso do alumnado, para algúns estas axudas permtenlles volver orixe das súas familias e re-conectar con vnculos que algúns foron perdendo co tempo. Para outros, brndalles a posibilidade de ter unha nova experiencia cunha contorna rural que ata ese momento era descoecida para eles ou elas. “En todo caso, todas as persoas participantes sobresaen sempre a oportunidade de ter unha experiencia profesional real e achegar valor sobre o terreo”, apunta Álvarez.

Desde o punto de vista da Área de Emprego e Emprendemento, este programa permtelle Universidade achegarse a entidades coas que antes non tia colaboracin, con vistas a establecer novas canles de comunicacin e novas sinerxas noutros programas, ademais de darlles a coecer os servizos que se ofrecen dende a rea e dos que poden beneficiarse.