Editado en risografa, fai balance da exposicin que inaugurou a sala que leva seu nome
Belas Artes presenta o primeiro catlogo dedicado obra de Manuel Moldes que se publica tralo seu falecemento
Centrado na mostra ‘Vieiros na memoria’
O pasado mes de outubro, a sala de exposicins do campus de Pontevedra iniciaba unha nova etapa baixo o nome de Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes, que se inauguraba ademais cunha exposicin dedicada a este pintor e docente da Facultade de Belas Artes, falecido en 2017. Baixo o ttulo de Manuel Moldes. Vieiros na memoria, este proxecto expositivo complétase agora coa publicacin dun catlogo que afonda tanto nas obras reunidas na mostra, centrada no interese de Moldes polo debuxo, como na propia figura e traxectoria do artista pontevedrés e na historia da sala que leva o seu nome. Editado en risografa, dentro do selo Error es bien, trtase do primeiro catlogo centrado na obra de Moldes que se publica tras o seu falecemento, como explicou a súa viúva, May Daz Cacheda, na presentacin que este luns tivo lugar neste espazo.
O vicerreitor do campus, Jorge Soto; a comisaria da exposicin, Sara Donoso; o deseador do catlogo, Marcos Covelo, a coordinadora da sala, Chelo Matesanz, e o vicedecano Javier Tudela participaron na presentacin desta publicacin, que conta cunha tirada de 150 exemplares e que foi realizada na propia facultade coa colaboracin de estudantes do centro. Nese senso, o vicerreitor puxo de relevo “a sensibilidade para facer unha obra tan fermosa” das e os responsables dunha publicacin que permite “plasmar os pensamentos que temos sobre esta obra e sobre esta exposicin”. Nesa misma lia, sumouse o agradecemento de Daz Cacheda, que destacou que se trata “dun catlogo moi importante para ns, porque é o primeiro” dedicado obra de Moldes que se publica tras o seu falecemento e tamén porque este “forma parte da súa vida na facultade, que era moi importante para el”.
“Memoria viva” dunha exposicin que conecta o artista e o docente
“O catlogo é como unha extensin da exposicin, o que queda cando as obras se recollen. É a memoria viva desa mostra”, salientou Donoso, comisaria dunha mostra que reuna as obras da serie Vieiros xunto con tres debuxos que Moldes realizou en 1977 e nunca expostos previamente. A través deste conxunto tanto de pinturas como de debuxos, a mostra pua o foco, na relacin de Moldes co debuxo, non s como disciplina autnoma, senn tamén aplicado pintura. Esta proxectbase en Vieiros na memoria a través dun conxunto de pezas “nas que nos afastamos completamente das fronteiras entre as linguaxes artsticas, nas que hai unha conexin continúa coa idea do grafismo”. Ao mesmo tempo, sinalou a comisaria, tratbase dunha mostra centrada nunha serie que Moldes iniciou na segunda metade da década de 1990 e, polo tanto, coincidente coa súa incorporacin, en 1995, como profesor de debuxo na facultade.
Neste punto, Donoso incidiu en como o propio proceso de traballo que fixo posible este catlogo, “feito por dous alumnos, Abraham e Andrea, e deseado por Marcos Covelo”, entronca directamente “coa forma de ensinar” de Moldes, “que nos impulsaba a facer, a experimentar, a errar”. De a que puxese o acento no “carcter completamente artstico desta publicacin”, respecto da que Covelo destacou que “a risografa é unha técnica moi particular, na que, en detrimento da resolucin da fotografa buscamos outro tipo de matices”. Trtase ademais, como lembrou este docente, do primeiro catlogo dunha exposicin realizada nesta sala que ve a luz baixo o selo de autoedicins da facultade, Error es bien.
A exposicin, o artista e o espazo
Xunto s imaxes das obras, o catlogo complétase cunha serie de textos, como os que Donoso centra na exposicin, na serie Vieiros e no interese de Moldes polo debuxo, ou que o vicerreitor do campus dedica figura do que fora un dos fundadores do colectivo artstico Atlntica. Por outra banda, o decano de Belas Artes, Xosé Manuel Buxn, percorre nesta publicacin a historia deste espazo expositivo, que iniciou a súa andaina en 2005 baixo o nome de Sala X co propio Buxn como coordinador. Por outra banda, nun texto titulado S estar a pintar é mellor ca estar pintando, o tamén docente da facultade Juan Carlos Romn afonda, como apuntou Donoso, “na relacin de Moldes co seu contexto histrico e artstico”, pondo o foco na súa producin pictrica na década de 1980. O catlogo complétase cunha serie de fotografas cedidas polo Diario de Pontevedra, que fan posible, como apuntou Daz Cacheda, que no volume estean tamén presentes, a través das imaxes, figuras “moi queridas” para Moldes, como o músico Julin Hernndez, o escritor Luis Rei ou o propio alumnado. As mesmo, o catlogo complétase cun pster no que unha fotografa do artista se presenta acompaada dun poema de Carlos Oroza inspirado na serie Vieiros.
