CC da Educacin e do Deporte acolleu a presentacin do libro ‘La revolucin feminista en las aulas’
As aulas son o espazo onde comeza “a disputa por unha sociedade mis igualitaria”
Nunha actividade promovida con motivo do Da Internacional da Nena
“A disputa por unha sociedade mis igualitaria est nas aulas”. Con esta idea como punto de partida, a catedrtica de Filosofa no ensino secundario Chis Oliveira e a politicloga Cristina Retamozo puxeron o foco na Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte no papel das e os docentes na loita conta o sexismo e a discriminacin por razns de xénero. Fixérono nunha actividade promovida pola Comisin PEA-Unesco do centro con motivo da conmemoracin, este martes, do Da Internacional da Nena, na que presentaron o seu novo libro La revolucin feminista en las aulas (Catarata, 2022). Trtase, como explicaron, dunha adaptacin en casteln da súa publicacin anterior,Comando Igualdade, na que daban conta da experiencia levada a cabo as aulas do IES Alexandre Bveda de Vigo, na que Oliveira foi docente e Retamozo alumna. Dirixido a achegar mocidade un conxunto de recursos para abordar temas como a igualdade, as masculinidades ou o amor romntico, este libro fai balance, como lembrou neste acto a profesora Rexina Vega, do “proxecto colectivo” levado a cabo neste instituto vigués, no que os propios adolescentes xogan un papel activo na súa formacin en feminismo. Un proxecto que, como lembrou Oliveira, ten como lema que “ou estamos pola solucin ou seguimos a ser parte do problema”.
Nese senso, Rexina Vega incidiu en que esta actividade tia como obxectivo achegar ao alumnado dos graos en Educacin Infantil e Educacin Primaria “instrumentos para traballar nas aulas”, a través dunha publicacin na que presenta “as diferentes iniciativas” impulsadas no marco do Comando Igualdade. Nese senso, Vega pua o foco na importancia da educacin nun mbito no que “non podemos retroceder en ningún momento”, tras facer alusin ao episodio vivido nos últimos das nun colexio maior de Madrid.
O compromiso das “primeiras referentes” de nenos e nenas
“A educacin en igualdade sementa os piares da nosa identidade, da nosa construcin persoal no afectivo, no sentimental, no amoroso, no sexual..., en definitiva, en todos os temas que constitúen a nosa identidade”, salientou Oliveira, cuxa traxectoria neste mbito foi merecedora de recoecementos como o Premio de Igualdade Ernestina Otero do Concello de Vigo. Partindo desta idea, a impulsora do Comando Igualdade e Retamozo, actual coordinadora externa do proxecto e responsable da Canteira de Igualdade da Deputacin de Pontevedra, centraron a súa intervencin en facer conscientes os alumnos e alumnas do seu futuro papel na loita contra a desigualdades. “Ides ser as súas primeiras referentes”, lembroulles Retamozo. De a que incidise na importancia de que “a igualdade estea nas aulas”, tanto por “responsabilidade social”, como polo feito de que a coeducacin forma parte dos contidos recollidos nos currculos educativos. “Se alguén sae da facultade sen saber que coeducacin e como levala s aulas, vai ser un mal educador”, concluu a conferenciante, que animou aos asistentes a preguntarse se queran “un futuro igualitario, no que as nenas sexan libres de escoller profesin e ter relacins libres e sas e os rapaces poidan establecer vnculos que non tean que ver coas masculinidades hexemnicas”.
Partindo dese cuestionamento, Oliveira salientou a importancia de que as os docentes tean “unha actividade crtica e reflexiva” e busquen contribur “na medida da súas posibilidades” educacin en igualdade. “Para cambiar as cousas, hai que actuar”, subliou esta docente, para quen as e os docentes que “non apostan por ningún tipo de solucin”, exercen como “canle de transmisin dun estado das cousas inxusto, desigual, antidemocrtico e misxino”.
Como facer fonte ao “efecto rebote”
Tras pr de relevo a necesidade dun “compromiso persoal”, Oliveira e Retamozo centraron a súa intervencin en como levar esta formacin s aulas, pondo o foco na importancia da metodoloxa, de “ensinar a través da pregunta, incentivando o esprito crtico”. Neste punto, Oliveira presentou como unha das tarefas mis relevantes das e os docentes en mbitos como o ensino secundario ter en conta o “efecto rebote”, o posible rexeitamento do alumnado a unha aprendizaxe que “est a provocar cambios na súa comprensin da realidade”. Neste punto, recalcou a importancia de evitar “converterse na inimiga do alumnado que se rebota” e de “escoitar e tratar de argumentar e, sobre todo, non perder o punto afectivo”. Como exemplo, relatou ao alumnado a experiencia vivida no IES Alexandre Bveda co “proxecto bata”, no que empregaron unha prenda vinculada “ao traballo non remunerado que as mulleres fixeron historicamente” para abordar diferentes cuestins relativas igualdade a través do traballo cun elemento que as e os estudantes asociaban s nais, avoas ou familiares.
